jueves, 17 de diciembre de 2020

Os nosos mellores desexos!!!

 Todos os anos por estas datas estabamos ilusionadísim@s preparando as nosas panxoliñas para cantar cos nosos amigos e amigas do Centro de Día...

Este ano, como moitas outras cousas na nosa vida, non vai ser doado vernos, nin compartir ese momento tan especial, no que se xuntaban a enerxía dos cativos e a sabedoría dos maiores, pero aínda así...

Aquí estamos, con máis ganas que nunca, para adicarvos este agasallo, esta cantiga navideña interpretada por todos os nenos e nenas do cole, grazas a profe Silvia, que coas súas notas musicais, puxoos a todos a afinar así de ben!

Desexamos que o vindeiro ano, poidamos compartir,  bailar e cantar, como sempre facemos, e como voltaremos facer!!

BO NADAL E FELIZ 2021, CHEO DE ILUSIÓNS!!!!👴👵💗


1 comentario:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...