martes, 22 de diciembre de 2020

CHUVIA DE ESTRELAS!!

 Pois...chegou o fin de trimestre, chegou o peche dun ano complicado e moi diferente, pero iso non apagou as nosas forzas nin as nosas ilusións, unha vez máis estes nenos e nenas demotraron que todo é POSIBLE se o intentas con forza, se melloramos no camiño, se aprendemos xunt@s, se xogamos a ser superheroes e superheroínas, e así....podemos chegara ata o infinito e máis alá!!! GRAZAS UNHA VEZ MÁIS POR ENSINARNOS CADA DÍA!

Preparamos este festival con todo o agarimo do mundo, para que aínda que non nos poidamos xuntar para aplaudir, poidamos gozar do gran talento que teñen estes pequenos e pequenas!

Desexamos que vós guste e dende o Claustro do Ceip Monte Baliño mandamos para todas as familias moitas apertas virtuais, enerxía e moita saúde para este novo ano e darvos as GRAZAS polo bo facer e pola axuda incondicional para que este trimestre fora MARABILLOSO!

Agora é tempo de fogar, de casiña e descansar, para recibir todo o bonito e emocionante que nos espera a volta da esquina, para seguir crecendo e aprendendo XUNT@S!

Benvido 2021, ano de novas ilusións! 



Música:
- Mi burrito sabanero. Villancicos pupulares.
- O Apalpador. Mama Cabra.
- Volver a casa por Nadal: Xabarín e Xababanda.
- Jerusalema. Master KG.
- Mini. Cantigas de Nadal: Unha pouca roupiña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Fomos de granxa!

  Hoxe pasámolo moi ben na granxa de Puluán! Saímos do cole felices, con ganiñias de descubrir todas as sorpresas que nos agardaban, primeir...