lunes, 23 de noviembre de 2020

As nosas mulleres

 Este ano aínda que as nosas conmemoracións serán máis multimedia que nunca, non podiamos deixar pasar un día tan importante coma o 25 de Novembro, no que celebramos o día en contra da violencia de xénero.

Dende o equipo de biblioteca prouxéronse diferentes actividades, unha delas era a entrevista a unha muller maior que tiveramos cerca, avóa, veciña, gardando as distancias, ou incluso por teléfono...

Os compañeir@s de quinto e sexto, deberán contestar a unha serie de cuestións sobre a vida e traballo, as diferenzas coa actualidade, etc.. 

@s máis pequen@s aportarían unha foto ou un debuxo, no que conten curiosidades sobre a persoa entrevistada.

Un traballo reflexivo sobre o rol da muller nas diferentes épocas, as circunstancias diversas de cada unha, coñecer máis a xente que nos rodea, e compartir un tempiño enriquecedor con esa gran muller!

Prontiño iremos cargando as diferentes entrevistas, que coma sempre, non nos deixarán indiferentes, xa que estes cativos e cativas son xeniais e sempre nos sorprenden!

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!💜




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Concurso día do libro 2026

 Seguindo co noso PDI anual, este ano Lerín proponvos un reto creativo para o día do libro! Con exemplares que teñades por casa vellos, ou i...