viernes, 19 de junio de 2020

Semana de despedidas!

Boas amiguiños e amiguiñas!
Ala se remata un curso de novo...este un tanto especial e diferente por esta situación que nos tocou vivir, pero sempre hai algo positivo e de aprendizaxe nela....

Eu Lerín, e os mestres e as mestras do Monte Baliño queriamos felicitarvos por ter sido uns auténticos e autenticas VALENTES! 

Este tempo como dicía, ensinounos a mirar cara nós, a desfrutar da casiña e da nosa familia, a escoitar e a pararnos a pensar, a mirar cara arriba e ver pouqiño a pouco como voltaba sair o sol, e a cargarnos de enerxía para voltar "che@s de vida" o vindeiro curso.

Agora toca gozar das esperadas e tan merecidas VACACIÓNS, dos paseos e das piscinas, do aire e do sol, dos bailes e das risas, dos amigos e das amigas...da VIDA!

Nós marchamos tamén para desfrutar de todo iso, imos a botarvos moito de menos, pero en nada estaremos escoitando os berros no cole, as risas, o timbre, os autobuses, os pratos e as pelotas...

FAMILIAS E ALUMNADO PASAI UN VERÁN MARABILLOSO E CHEO DE COUSAS BONITAS, VÉMONOS EN SETEMBRO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...