lunes, 22 de abril de 2024

Semana do libro!


 Dentro desta semana teremos diversas propostas relacionadas co 23 de Abril día do libro.

Unha delas son as lecturas familiares, que nos encantan, achegando o centro as familias e viceversa!

Cada día da semana teremos a sorte de contar cun membro da comunidade escolar que contará un conta aos nenos alumnos e alumnas!!!

Moitas grazas por participar!!!


Xa están aqui!

 Seguimos coas super iniciativas do alumnado de quinto e sexto para recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso!

Deseñaron un logo super chulo do noso cole, que intenta representar todo o que resume o noso día a día no Ceip Monte Baliño, despois dixitalizado e posto sobre prendas…aqui tedes o resultado!

Unhas camisetas moi orixinais, cun prezo de 12 euros, baixo pedido e en estas tres cores, hai tallaxe suficiente!

Veña veña, animaivos, esta é a unha prenda que non pode flatar nos armarios de todos e todas aqueles que pasastes polo Monte Baliño!

Grazas pola vosa colaboración!


Póster de Comunicaciones de Servicios de apoyo Vertical Indigencia con Tipografía Negrita Grunge en Verde claro y Amarillo claro de CEIP Monte Baliño

Creando espazos!

 O noso alumnado está preparado para todo! Este ano dentro do proxecto competencial de quinro e sexto axudamos a montar mobles, a crear espazos, traballos en equipo, solucionamos problemas e buscamos solucióna con respecro e con diálogo, e deixamos o noso cole precioso!!!








miércoles, 17 de abril de 2024

COSIDO DE CARTEIRAS MULTIFUNCIÓN

 As compañeiras e compañeiros de 5º e 6º seguen elaborando cousiñas para recaudar cartos para a excursión, que venderán na feira do pobo próximamente!

Nesta ocasión, adicáronse a elaborar unhas funcionais carteiras de follas de libros vellos e reciclados de diferentes tamaños para gardar todo o que se che ocorra, liberdade de opcións e posibilidades. Fixéronnas mediante a técnica do cosido.

A que vos tenta mercar algunha do bonitas e xeitosas que lles quedaron!!?? Animaivos. Próximamente información da venda!













viernes, 12 de abril de 2024

TROCALIBROS!

 Repetimos este ano unha actividade que o pasado curso deunos moitas alegrías e descubríunos mundos novos!

Para conmemorar o día do libro cada alumno e alumna pode achegar ao cole, antes do 22 de abril, un libro usado e lido, que este en boas condicións, para darlle unha nova vida, intercambiandoo posteriormente con algún outro dos que traian os compañeiros ou compañeiras!

Moitísimas grazas por participar sempre familias, e axudar que actividades deste tipo se poidan levar a cabo!


Cartel evento feria de libros ilustrado colorido azul amarillo y rosa de CEIP Monte Baliño

miércoles, 10 de abril de 2024

Camiño de inverno!


 Esta semana o alumnado de infantil e de primeiro e segundo ciclo de primaria tiveron unha visita moi formativa dento dos programas Innova Eduexcelencia. 

Convertéronse e camiñantes do Camiño de inverno, decubriron un montón de cousas sobre os peregrinos, os albergues, os camiños, a compostelá, etc…

Ata pasaron por alghuas dificultades de obstáculos cas que se poden atopar ao longo do camiño!

Aqui queda unha pequena escolma!





Formación de radio!


 Musicalidade é o título dun libro marabilloso escrito por Noel Turbulencias e ilustrado por Victoria Sánchez, e o noso alumando de quinto e sexto tivo a gran sorte de contar cunha formación a cargo do autor que compaxina esta labor literaria coa de locutor de programas musicais dende fai máis dunha década!

Estiveron falando de música, ritmos, estilos musicais, e despois deixounos de recordo un exemplar de tan preciada obra, na que se recollen diferentes músicos e grupos galegos do panorama actual, mil grazas!

A segunda parte da formación estiveron traballando sobre a sostenibiñidade e o medio ambiente, con xogos e información que fixo reflexionar e cambiar actitudes cara este tema tan importante hoxe en día para nós e o futuro do noso planeta.

Moitas grazas!



Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...