miércoles, 10 de abril de 2024

Formación de radio!


 Musicalidade é o título dun libro marabilloso escrito por Noel Turbulencias e ilustrado por Victoria Sánchez, e o noso alumando de quinto e sexto tivo a gran sorte de contar cunha formación a cargo do autor que compaxina esta labor literaria coa de locutor de programas musicais dende fai máis dunha década!

Estiveron falando de música, ritmos, estilos musicais, e despois deixounos de recordo un exemplar de tan preciada obra, na que se recollen diferentes músicos e grupos galegos do panorama actual, mil grazas!

A segunda parte da formación estiveron traballando sobre a sostenibiñidade e o medio ambiente, con xogos e información que fixo reflexionar e cambiar actitudes cara este tema tan importante hoxe en día para nós e o futuro do noso planeta.

Moitas grazas!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...