martes, 31 de mayo de 2022

We’ll miss you!

 Onte foi un día de despedida no Monte Baliño!

Durante este curso tivemos a sorte de contar coa axuda e a presenza de Madi, a auxiliar de conversa.

Toda a cativada do cole e o claustro quixemos despedila como se merece, asi que preparamos un pequeno acto cuns agasallos feitos polos nenos e nenas, para desexarlle moita sorte no seu camiño e darlle as grazas pola súa compañía e traballo durante estes meses!

Thank you for all, see you soon!



viernes, 27 de mayo de 2022

Excursión a Lucus Augusti!

 Despois de dous anos sen percorrer novos lares, este mércores saimos felices e emocionad@s do cole, coas nosas mochilas cargadas de ilusión por voltar as nosas excursións pola xeografía galega, neste caso visitamos Lugo.

O alumnado de terceiro e cuarto non parou en todo o día, aprendemos, desfrutamos e sobretodo convivimos!

Aquí un pequeno bocadiño deste día tan especial!

Moitas grazas a Anpa por organizar e xestionar esta viaxe!



sábado, 21 de mayo de 2022

Letras galegas 2022

 Este ano o 17 de maio lémbranos ao escritor Florencio Delgado Gurriarán, entusiasta e defensor da cultura galega, e dende o noso cole homenaxeámolo preparando un programa de radio en directo con diversas actuacións e manifestacións poéticas dun gran elenco de artistas que temos no Monte Baliño.

Grazas a todas as aulas, as familias, @s mestr@s, e sobretodo á cativada que son quenes nos fan emocionar con esta composición!

Dentro vídeo! Vivan as Letras Galegas e a nosa cultura!


miércoles, 18 de mayo de 2022

viernes, 13 de mayo de 2022

Pintura máxica de relaxación!

 Onte os pequenos e pequenas de tres aniños, desfrutaron dunha actividade moi divertida para traballar a parte sensorial durante a volta a calma de educación física.

Que ben o pasaron expermientando coa pintura e a luz negra, recursos da nosa biblio creativa!



Para hoxe xogos de onte!

 Co gaio da celebración e conmemoración das letras galegas, esta semana o noso alumnado desfrutou de diversos xogos populares durante os periodos de lecer e recreos, distribuidos nos diferentes grupos e axeitados a cada idade.



Mochila viaxeira 2022

 O alumnado de quinto e sexto tamén anda as voltas coas súas mochilas viaxeiras.

Aqui Nerea de sexto nos achega este documento gráfico no que reflexiona sobre os libros que van na mochila!



Comezamos un novo curso!

Benvidas e benvidos a un novo curso, hoxe traemos as nosas mochilas cargadiñas de ilusións, agarimos, respecto e sobretodo de moitas ganas d...