jueves, 31 de marzo de 2022

Mochilas viaxeiras 🎒🌈

 No noso cole trmos a sorte de contar con grandes comunicadoras e comunicadores, ata en diferentes linguas, que riqueza!

Hoxe Dafne de 3 aniños, narra a historia dun dos libros en lingua inglesa que vai dentro da mochila viaxeira que aterrou esta semana no seu fogar!

Grazas Dafne e familia!👏🏻👏🏻



Purple day💜

 Aqui vos deixamos un pequeno resumo do noso purple day 2022💜👏🏻!



Coñecendo a radio🎤📻

 Hoxe os pequenos e pequenas de infatil, subiron ao noso novo recuncho da radio, alí fedellaron por primeira vez coa tecnoloxía radiofónica, ata fixeron a súa primeira creación, estai atent@s que pronto os poderemos escoitar!



miércoles, 30 de marzo de 2022

Día do Autismo

"Unha viaxe feliz", é o lema co que se pretende concienciar neste 2022, sobre o trastorno do espectro autista.

A asamble xeral das Nacións Unidas, instaurou no ano 2007, o día 2 de abril, como o día Mundial da Concienciación sobre o autismo, coa finalidade de contribuir a visibilizar e mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e as súas familias.

Como síboloxía cromática elexiuse a cor azul.

Dende o noso cole, educamos no respecto e na diversidade, polo que neste día tamén trataremos de achegar ao noso alumnado un anaquiño sobre este trastorno, a través de materiais audiovisuais, sinxelos pero moi significativos. 💙

Materiais por niveis:

Infantil e primeiro ciclo:

- El cazo de Lorenzo.

- Mi hermanito de la Luna.

- Mariluna.

Terceiro e cuarto:

- Academia de especialistas.

- Suceden cosas diferentes.

Quinto e sexto:

- Suceden cosas asombrosas.

- Float.

- El viaje de María.


sábado, 26 de marzo de 2022

Día da poesía🎼

 Estes peuqneos e pequenas de tres aniños non deixan de sorprendernos!

Para rematar o seu proxecto dos cítricos, que coincidía co día da poesía, traballaron o poema” Bicos laranxas” do libro dos Bicos de Xosè Luna.

Aqui està o resultado, que artistas!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻




Mochilas viaxeiras🌈🎒

 E seguen as nosas mochilas a recorrer fogares e encher de historias e letras as casiñas do noso alumnado.

Hoxe Anita de terceiro fainos chegar este vídeo tan claro e conciso, grazas Ana e familia👏🏻💜



viernes, 25 de marzo de 2022

Purple day💜

  Hoxe é un día moi especial!

No Monte Baliño apoiamos e queremos dar visibildade ao día de concienciación sobre a epilepsia.

Purple Day comeza con Cassidy Megan, unha nena con epilepsia que con 9 anos, conseguiu vestir de morado a tod@s @s senador@s canadienses.

Dende ese momento en 2008, millóns de persoas lembramos cada 26 de marzo que é preciso investir en investigación e ciencia, ademáis dunha chea de aspectos máis, necesarios para poder seguir mellorando a vida das persoas que padecen epilepsia e o seu entorno!💜

A través do conto de “Celia e Luna” de Nuria Díez e con ilustracións de Paco Ortega, achegannos esta historia de superación, de amor e das diferentes formas de comunicación que poden existir.

Como xa é un clásico por esta data, Ían e Eli facendo alarde do seu bo facer para contar historias, len este conto precioso para todo o cole!

Mil grazas Ían e Eli por este contacontos marabilloso!👏🏻👏🏻

Purple power!



Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...