martes, 30 de noviembre de 2021

Ciencia na escola

O alumnado de catro e cinco anos, botáronse a ciencia e puxéronse a investigar, primeiro observando e formulando hipóteses e despois comprobando e sacando conclusións, que divertido!!



A cativada de tres anos anda estes días inmersa en aprender e descubrir a máxia da ciencia, investigan, experimentan e observan os cambios que se producen segundo os materiais que empregan.

Nesta ocasión o experimento foi este:

-Vertemos o leite no recipiente.

-Engadimos unhas gotas de colorante.

-Untamos a punta do bastoncillo en xabón.

-Observamos como actúan as cores.

As cores escapan do xabón cara os lados do recipiente. Isto sucede porque o leite está composto de graxas e ao engadirlle o xabón estas partículas móvense con maior liberdade polo recipiente co colorante, formando debuxos de cores.


lunes, 29 de noviembre de 2021

25 de Novembro, Baliño en Violeta

 O 25 de Novembro enfocamos todas as nosas miradas e actuacións en contra da violencia de xénero, rexeitando todas as súas formas e versións.

Para visibilzar este situación ca que convivimos, durante toda a semana traballáronse de moitos xeitos e leváronse a cabo diversas actuacións que puxeron de manifesto o importante de crecer e educar nun entorno de respecto, amor e libre de violencias!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra, ademáis dos diversos traballos que se fixeron en diversas materias, dende cada titoría chégannos unha serie de “videoclips” nos que se desmiuzaron as letras das cancións, traballouse na mensaxe de cada 7nha delas, etc..


miércoles, 24 de noviembre de 2021

Animación a lectura


 Esta semana tivemos unha visita moi especial, Sabela Gago, actriz e pedagoga cunha amplanñ traxectoria sobre os escenarios e no mundo da cativada e dos contos, achegouse ó noso cole a contarnos unhas historias preciosas cheas de maxia e fantasía!

Que ben o pasamos, moitas grazas Sabela por levarnos ao teu mundo dos contos!

Despois o alumnado de quinto e sexto aproveitou para facerlle unha pequena entrevista para a nosa radio, Sabela foi moi xenerosa co  seu tempo e adicounos un bo rato no que falou da súa vida e as súas experciencias no teatro. Agradecidisim@s!

martes, 23 de noviembre de 2021

Mochilas viaxeiras🌈🎒

 Hoxe temos a unha das máis peques do cole, Defne alumna de tres anos, cóntanos moi emocionada canto lle gustaron os libros da mochila viaxeira!

Moitas gracias familia, thank you so much!🌈🎒👏🏻



miércoles, 17 de noviembre de 2021

Cricuítos eléctricos💡🔌

Hoxe o alumnado de terceiro e cuarto recibiron unha clase moi especial na biblio!

Aproveitando o mes da ciencia en galego, organizamos unha actividade de tecnoloxía, na que os peques e as peques montaron un circuíto en papel.

Aprendemos a observar as baterías e o seu funcionamento, os diferentes tipos de materiais conductores, coma o cobre, os polos que existen nas pilas, comprendendo as diferenzas na súa posición necesarias para a correcta conexión e transmisión de enerxía e por último cada alumno e alumna crearon o seu propio circuíto con debuxo incluído!

Grazas a formación recibida por parte de Paola Guimeráns, unha auténtica artista neste mundo steam!





O noso Magosto

 No Monte Baliño investigamos sobre o Magosto, a súa orixe, a das castañas para esta festividade, e tamén, como non, aprendemos cantigas destas datas, axudad@s da páxina web, https://galiciaencantada.com/!

Despois, todas e todos xuntos, cos nosos grupos de convivencia, pasámolo pipa, celebrando esta data tan divertida, con un menú especial e con moitos xogos e actividades relacionadas con esta festa!

Viva o magostiño, no Monte Baliño!



O Magosto de CEIP Monte Baliño

jueves, 11 de noviembre de 2021

Senda micolóxica🍄🍁🍂

 Esta semana fixemos  unha actividade moi especial, saimos ao monte a coñecer, aprender e buscar setas!

Grasas a Iván, pai dun dos nosos alumnos, pasamos unha mañá estupenda, paseando, descubrindo e sobretodo aprendendo a diferenciar algunhas especies de setas!🍄🍄🍄

Que bonito se pon o monte en outono, cantas cores! Aínda que tamén atopamos algúns resíduos e materias que non deberían andar polos nosos bosques...así que aproveitamos, e con moito coidado levémolos ó lixo!

Grazas Iván, polo ten saber contar e a túa paciencia!🍁🍂🍄



 




Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...