Desta volta Manuel e Fabrizio narran a historia de Rufus, un morcego que descobre as cores…aue lle acontecerá? Como remata a historia?…
Atrévete a descubrilo!
Libro: Rufus, un morcego que adoraba as cores. Tomi Ungerer.
Desta volta Manuel e Fabrizio narran a historia de Rufus, un morcego que descobre as cores…aue lle acontecerá? Como remata a historia?…
Atrévete a descubrilo!
Libro: Rufus, un morcego que adoraba as cores. Tomi Ungerer.
Como todos os anos por esta época medorenta, o noso alumnado biblioaxuandante préstase a contarnos novas historias de medo!
Fano con moito xeito e moita ilusión, esperamos que desfrutedes destas historias terroríficas e deste día tan terrorificamente monstruoso!🧙♂️🧙🏼♀️👻💀👹
Angelis, alumna de quinto, cóntanos : Un pesadelo no meu armario. Un libro de Mercer Mayer.
Aqui nos chega o vídeo de Jimena, alumna de terceiro que desfrutou da mochila viaxeira e de todos os libros e revistas que había nela!
Grazas Jimena e familia!
Durante esta semana traballamos o Día das bibliotecas, dende diferentes propostas e materias.
Com sempre dende o colectivo Lemos le, tamèn se fixo un proxecto conxunto moi especial, no que se abordou a obra dunha escritora cercana, como è Noa Moreira.
O alumnado de quinto e sexto afondaron na súa obra e vida, e despois elaboraron unha serie de preguntas que lle formularían a autora se puidesen…e así foi!
Elexírinse tres, que se gravaron e enviaron, xunto cos compañeiros e compañeiras do Colectivo Lemos Le. Despois Noa Moreira, contestou con moito agrado a cada unha desas cuestións! Moitas grazas Noa!
Elaboraronse tamén uns marcapaxinas moi chulos, cun texto moi especial da autora, que se lle entregou a todos nenos e nenas do cole!
Vivan as Bibios e a nosa Biblio- Baliño!
Pasámolo de medo!!!🎉🎬🎭
🧙♂️Apócemas de Bruxas con escornabot_
Na gran semana do medo no Baliño, durante a sesión de estimulación da linguaxe en Infantil, levamos a cabo unha actividade feiticeira.
Coa inestimable colaboración de Bluebot e a participación activa dos pequenos e pequenas da aula, preparamos unhas apócemas de bruxa seleccionando os mellores ingredientes: vermes, ratas, mazás mordidas, morcegos, pés, cornos de unicornio, moscas, escorpións, zume de cabeza de xigante, viño verde de ogro, esencia de unllas, ollos, setas velenosas e moitos máis.
Traballamos vocabulario temático de Samaín, seguimento dunha receita, orientación espacial, programación sinxela, agardar quenda de xeito paciente, colaboración, traballo en equipo...
Foi unha clase terroríficamente divertida!
Grazas rapazada por axudar á bruxa!👹💀

Arrancanos coas nosas mochilas viaxeiras!🎒🎒🌈📚
Esta semana comezaron a chegar os primeiros videos do noso alumnado, nos que explican todas as novedades que aparecen nelas, que ben falan, que ben contan, canto xeito teñen os noso pequenos e pequenas!
Dende infantil ata sexto, aqui están as súas reflexións!
Unha vez máis grazas as familias, porque sen vós non serían posibles estas actividades!🥰
Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...