Aqui van as recomendacións lectoras deste ano elaboradas dende o Colectivo Lemos le ao que pertencemos!
Sempre é boa época para agasallae cunha aventura!
Aqui van as recomendacións lectoras deste ano elaboradas dende o Colectivo Lemos le ao que pertencemos!
Sempre é boa época para agasallae cunha aventura!
A artistada do Monte Baliñoo xa andan tramando algo para pasalo moi ben on festival de inverno e deixarvos a todas e todos coa boca aberta!
Queremos convidarvos a asistir a Casa da Cultura a partir das 11 o día 20 de decembro, para gozar do gran show que sempre montan as crianzas do noso cole!
Alí vos esperamos!
Deixamos 2024 para celebrar a entrada en 2025, com oxa sabedes, no noso cole sempre o facemos un poquiño antes de tempo...
O Día 20 teremos unha festa por todo o alto, na que o alumnado deberá vir cas súas mellores galas, para despedir o ano que marcha e ilusionarnos co novo ano que chega!
Teremos menú especial, agasallos dos amig@s invisibles, badaladas, e remataremos a festa dando a nota musical no noso karaoke!
Este ano propomosvos que traides un adorno na cabeza peculiar, especial, creativo, divertido e propio destas data, ale, a deixar voa a imaxinación!
Avecíñase un clásico, época de agasallos e creatividade...ala ven o noso AMIG@ INVISIBLE!!!!!
Coma todos os anos cada crianza elaborará un agasallo con material de refugallo, sempre que se poida, que o día 20 de Decembro, na nosa especial "Festa de inverno" intercambiaremos.
Lembrai que o importante é poñerlle moita ilusión e cariño, pensando que a nós tamén nos gusta recibir o noso!
Os agasallos deben vir envoltos e sen nome, para intercambiar ese día!
O último día para traer as creacións será o 19 DE DECEMBRO!
Desta volta o cola voltouse un lugar de denuncia e chamamento ás conductas inaxeitadas!
Durante toda a semana traballáronse diferentes lecturas por titorías, ao mesmo tempo que a nosa biblio patio saiu en cada recreo!
Este ano para conmemorar este día demos visibilidade aos micromachismos, un termo descoñecido que presentamos ó noso alumnado, reflexionando sobre este tema e a convivencia diaria con este tipo de praxis.
Elaboráronse carteis de stop, con consignas en contra de calquera tipo de violencia, que agora penduran polos nosos pasillos e forman parte do noso día a día!
Tamén seguimos a crear os nosos chanzos reivindicativos, con lemas que sirven para lembrarnos esta realidade na que vivimos.
Por último creamos o noso recuncho da convivencia, necesario as veces para solucionar conflictos a través da palabra e a reflexión!
Cada clase buscou, preparaou e puxo diante de todo o cole as súas propostas experimentais, e aqui tedes o resultado, ciencia do día a día!
Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...