jueves, 22 de febrero de 2024

Entroido 2024

 Ainda que a chuvia non nos deixou desfrutar do desfile ata a praza…no Monte Baliño celebramos igual o noso Entroido!

Fixemos un pequeno paseo polo cole cada grupo lucindo os ses traxes relacionados co noso PDI, asi mostramos oficios da nosa provincia de Lugo.

Despois xunto cas familias que se acercaron, desfrutamos dunha chocolatada e de degustación de sobremesas de Entroido.

Ao rematar xogamos a moitas cousas grazas a animación que correu por conta do concello.

Máis tarde comemos un bo menú de tempada, cocido! E á tarde para rematar a xornada festiva gozamos do noso particular karaoke!

De hoxe nun anon entroidiño querido!



lunes, 19 de febrero de 2024

Green Bot e os seus retos lectores

 Na aula de PT un grupiño de alumn@s realizou unha actividade co noso querido Green Bot (o cal está pendente de pasar polo "mecánic@" xa que nos está dando fallos).

A tarefa, de novo, estaba relacionada coa lectoescritura (trabalinguas, formar palabras, ordear oracións, seguir instruccións...). 

Consistía en tirar un dado, contar e localizar a tarxeta que levaba o número correspondente e a continuación, programar a Green Bot para chegar no menor número de movementos posible.

Ao chegar á casilla, tiñamos que ler o que poñía e solucionar o que nos pedían.

Repetirémolo porque quedóusenos curtiña a sesión e o alumnado disfrutou moito.










sábado, 17 de febrero de 2024

Comadres 2024

 Houbo que esperar que o tempo nos acompañase pero por fin puidemos correr as comadres, como sempre fomos a pasar unha xornada moi especial ao centro de día cos nosos amigos, despois gardamos as mecas para correlas á volta de Entroido, xa que a climatoloxía nonolo permitira…

Non obstante pasámolo en grande igual!


lunes, 12 de febrero de 2024

EscornaLECTOESCRITURA

Nas actividades realizadas na aula de apoio, tamén aproveitamos a tecnoloxía para afianzar aprendizaxes, neste caso relacionados coa LECTOESCRITURA.

Na primeira tarefa que vos ensinamos a continuación, reforzamos a interiorización de ortografía de palabras con ñ/ll/j/g/b/v a través do xogo con Greenbot. 

  • Ensinamos unhas tarxetas con pictogramas que conteñen as grafías correspondentes, previamente traballadas noutra actividade.
  • Memorizamos as imaxes durante 1 minuto.
  • Retiramos da vista e movémonos con Greenbot programándoo co menor número de movementos posible e recollendo as imaxes memorizadas,
  • Comprobamos que se conseguiron todas as imaxes presentes nas tarxetas iniciais
  • Escribimos con rotulador vileda as palabras, tendo en conta a ortografía.
  • Construimos oracións con elas.




Na segunda tarefa, traballamos lectura de oracións que conteñen palabras coas letras ñ/ll coas que o rapaz ten confusións.
  • Lanzamos dous dados e contamos
  • Buscamos número correspondente entre as tarxetas distribuidas no taboleiro.
  • Programamos o Greenbot, cun número de movementos que non pode superar os tres para conseguir chegar á tarxeta.
  • Se chegamos lemos, e se o facemos de xeito correcto, marcamos cun selo dun trevo da sorte. Se o non conseguimos chegar nos movementos dados e/ou lemos incorrectamente, ohhhh...selo da "morte"
  • Se temos dúas mortes ao rematar...tarefa non conseguida...temos que repetir proceso.





jueves, 8 de febrero de 2024

Os mandadiños de Lerín

 E xa chegou o venres, ago si que imso desfrutar do noso desfile, baile e cinco días de Entroido cheo de cores e fantasía!



Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...