lunes, 12 de febrero de 2024

EscornaLECTOESCRITURA

Nas actividades realizadas na aula de apoio, tamén aproveitamos a tecnoloxía para afianzar aprendizaxes, neste caso relacionados coa LECTOESCRITURA.

Na primeira tarefa que vos ensinamos a continuación, reforzamos a interiorización de ortografía de palabras con ñ/ll/j/g/b/v a través do xogo con Greenbot. 

  • Ensinamos unhas tarxetas con pictogramas que conteñen as grafías correspondentes, previamente traballadas noutra actividade.
  • Memorizamos as imaxes durante 1 minuto.
  • Retiramos da vista e movémonos con Greenbot programándoo co menor número de movementos posible e recollendo as imaxes memorizadas,
  • Comprobamos que se conseguiron todas as imaxes presentes nas tarxetas iniciais
  • Escribimos con rotulador vileda as palabras, tendo en conta a ortografía.
  • Construimos oracións con elas.




Na segunda tarefa, traballamos lectura de oracións que conteñen palabras coas letras ñ/ll coas que o rapaz ten confusións.
  • Lanzamos dous dados e contamos
  • Buscamos número correspondente entre as tarxetas distribuidas no taboleiro.
  • Programamos o Greenbot, cun número de movementos que non pode superar os tres para conseguir chegar á tarxeta.
  • Se chegamos lemos, e se o facemos de xeito correcto, marcamos cun selo dun trevo da sorte. Se o non conseguimos chegar nos movementos dados e/ou lemos incorrectamente, ohhhh...selo da "morte"
  • Se temos dúas mortes ao rematar...tarefa non conseguida...temos que repetir proceso.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FestiBaliño

 Chega a noso FESTIBALIÑO polo día das letras galegas! Quedades todos convidados e convidadas para ver as nosas espectaculares actuacións, q...