martes, 30 de enero de 2024

Día da PAZ e da NON Violencia!

O 30 de xaneiro berramos máis alto que nunca que a vida en comunidade e sociedade merece de respecto, de tolerancia, de amor mutuo e de NON violencia.

Dende fai anos realizamos este día, entre moitas outras actividades, unha carreira solidaria, na que se recollen materiais escolares e despois se fan chegar a unha asociación que axuda as persoas máis desfavorecidas na contorna do noso centro.

Moitas grazas a todas as familais por participar sempre en estas iniciativas!

Nenos, nenas, mestres e mestras... A Correr, a dar zancada moi grandes para chegar por fin a unha PAZ en todo o mundo!

 

Cartel carrera solidaria día mundial contra el cáncer foto sencillo blanco morado de CEIP Monte Baliño

sábado, 6 de enero de 2024

Festi-Baliño!

 Asi foi o noso último día de cole do 2023!

Fixemos de todo! Bailamos, actuamos, aplaudimos, comimos un menú especial, comemos os nosos “12 gusanitos”, abrimos os amigos invisibles e por último cantamos no Karaoke sopresa!

Aqui queda un pouquiño do ben que o pasamos!


lunes, 18 de diciembre de 2023

Recomendacións lectoras!

Estas datas de agasallos a moreas, é un bo momento para regalar un libro, unha aventura, un poema, unha comedia, un cómic, un mibro de receitas o un en lingua estranxeira, tamén unha novela ou un pouco de pedagoxía…quen sabe…para gustos, mil opcións!

Dende Biblio Baliño aproveitamos para desexarvos moito amor, saúde e ilusión!

Dende o Colectivo Lemos Lé, aqui queda unha recompilación de suxestións para esa cartiña de Nadal!!!


Celebremos un ano máis!

 Tempo de festa, de luces, de brillos, de ilusións e novos desexos, nós, a Familia do Monte Baliño celebramos cada ano unha super festa de inverno, este ano gustaríanos relocer máis ca nunca, brilar tanto que nos vexan en todo o firmamento asi que…aqui vai o reto, decoremos as nosas cabezas, as nosas caras, a nosa roupa, saquemos os brillis e as purpurinas e enchamos de o noso cole de estrelas, creando a constelación da que tod@s formamos parte indispensable!

Lembrai que ese día o alumnado ten actuación asi que as súas galas que sexan doadas de quitar e poñer, GRAZAS!


Póster Vertical Fiesta de fin de Año Moderno Lila de CEIP Monte Baliño

viernes, 15 de diciembre de 2023

IMPRESIÓN 3D: Chaveiros GATOS

A rapazada de 5º e 6º anda argallando diferentes ideas para recompilar cartiños para a súa excursión de fin de curso. 

Nesta ocasión, aproveitando a impresora 3D coa que contamos no centro e dentro da Biblioteca creativa e enmarcado tamén no proxecto de Polos Creativos, diseñaron e programaron a impresión duns fermosísimos chaveiros de gatos para vender a amizades e familiares durante as festas do Nadal.

Velaquí vos deixamos unhas fotiños destes 

simpáticos e funcionais chaveiros!

Se os vedes por aí, animádevos a mercar un!






miércoles, 13 de diciembre de 2023

FESTI-BALIÑO!

Estimadas familias e comunidade do cole Monte Baliño, temos o pracer de convidarvos un ano máis oa noso FESTI-BALIÑO, cheo de creatividade, baile, dramatización, música e moita maxia!

A celebración terá lugar o vindeiro 21 de decembro no Salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira de Pantón a partir das 11 da mañá!

Tamén aproveitaremos para realizar o sorte dos "Bocadiños de Nadal"!

Non faltedes, vai a haber moita artistada!


21 de decembro 11:oo am de CEIP Monte Baliño

martes, 5 de diciembre de 2023

Agasallo con amor!

Aqui chega a nosa data do ano favorita! A quen non lle gusta un agasallo?

Pois no Monte Baliño somos expert@s nesta tarea, a diario agasallamos con apertas, sorrisos, bailes, trasnadiñas, aprendizaxes e moitas máis cousas que fan que o noso día a día sea divertidísimo!

Pero cando chegan estas datas...elaboramos un regalo con material de refugallo, construimos e creamos con moito agarimo un paquetiño cheo de ilusión que despositaremos no cole antes do día 21 de Decembro!

O día 21 como xa é tradición todo o alumnado e persoal do centro abriremos con moita ledicia o paquetiño que nos toque...que marabilla de momento cando vemos o esforzo e enerxía que algunha das persoas que nos rodea a diario puxo en facer o noso AGASALLO INVISIBLE!

Moitas grazas familias por participar nesta actividade e facer que isto sexa posible!


Amig@ invisible de CEIP Monte Baliño

Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...