miércoles, 15 de junio de 2022

ESCORNABOTS DE VACACIÓNS

UFF QUE CALOR!!!!😅 Estamos chegando ao final deste curso e os nosos escornabots querían despedirse de nós porque se van de vacacións en nada....Coma nós!!! 

Ben merecidas que as teñen!!

Os nosos amiguiños robotizados acompañáronnos nunhas sesións co alumnado de 4º e 5º de Infantil e coa rapazada de 1º e 2º.

Bluebot preparounos un taboleiro con vocabulario do verán no que ademais de recoñecer pictogramas e mellorar a conciencia fonolóxica (dando palmadas para comprobar cantos golpes de voz tiñan as diferentes palabras), traballamos orientación espacial, programar as ordes para os movementos e espera de quendas (algo que nos custa moito). Os máis pequenos e pequenas ían seguindo o camiño para rematar o taboleiro, sumerxíndose na piscina (última palabra que capturaba Bluebot)






Os máis maiores, complicoúselles un "pouquichiño"máis. Tiñan que inventar oracións coas palabras dadas(conciencia léxica e sintáctica), fomentando así a expresión oral e a creatividade.

Que divertido é aprender xogando!









sábado, 4 de junio de 2022

Bibliotecas escolares solidarias!

 Dende a nosa biblio participamos dende fai varios cursos xa, no Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, realizando actividades inclusivas, tarefas de voluntariado por parte do alumnado de quinto e sexto, que son o verdadeiro motor da nosa biblio.

Elas e eles encárganse de organizar os fondos, de preparar as explicacións para formar aos pequenos e pequenas na utilización dos recursos e orientación dos espazos.

Hoxe recibiron o seu agasallo, pola axuda e traballo que realizan durante todo o ano, moitas grazas cativada, sen vós Bibliobaliño non funcionaría!



Mochilas viaxeiras 2022

 Pois a poucos días de rematar este curso, as nosas movhilas seguen visitandos ó alumnado, hoxe Tomás de cuarto, explícanos que había dentro da que chegou a súa casa, e canto lle gustou un dos libros que ía dentro!

Grazas tomás e familia!🌈🎒



martes, 31 de mayo de 2022

We’ll miss you!

 Onte foi un día de despedida no Monte Baliño!

Durante este curso tivemos a sorte de contar coa axuda e a presenza de Madi, a auxiliar de conversa.

Toda a cativada do cole e o claustro quixemos despedila como se merece, asi que preparamos un pequeno acto cuns agasallos feitos polos nenos e nenas, para desexarlle moita sorte no seu camiño e darlle as grazas pola súa compañía e traballo durante estes meses!

Thank you for all, see you soon!



viernes, 27 de mayo de 2022

Excursión a Lucus Augusti!

 Despois de dous anos sen percorrer novos lares, este mércores saimos felices e emocionad@s do cole, coas nosas mochilas cargadas de ilusión por voltar as nosas excursións pola xeografía galega, neste caso visitamos Lugo.

O alumnado de terceiro e cuarto non parou en todo o día, aprendemos, desfrutamos e sobretodo convivimos!

Aquí un pequeno bocadiño deste día tan especial!

Moitas grazas a Anpa por organizar e xestionar esta viaxe!



sábado, 21 de mayo de 2022

Letras galegas 2022

 Este ano o 17 de maio lémbranos ao escritor Florencio Delgado Gurriarán, entusiasta e defensor da cultura galega, e dende o noso cole homenaxeámolo preparando un programa de radio en directo con diversas actuacións e manifestacións poéticas dun gran elenco de artistas que temos no Monte Baliño.

Grazas a todas as aulas, as familias, @s mestr@s, e sobretodo á cativada que son quenes nos fan emocionar con esta composición!

Dentro vídeo! Vivan as Letras Galegas e a nosa cultura!


miércoles, 18 de mayo de 2022

Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...