viernes, 13 de mayo de 2022

Pintura máxica de relaxación!

 Onte os pequenos e pequenas de tres aniños, desfrutaron dunha actividade moi divertida para traballar a parte sensorial durante a volta a calma de educación física.

Que ben o pasaron expermientando coa pintura e a luz negra, recursos da nosa biblio creativa!



Para hoxe xogos de onte!

 Co gaio da celebración e conmemoración das letras galegas, esta semana o noso alumnado desfrutou de diversos xogos populares durante os periodos de lecer e recreos, distribuidos nos diferentes grupos e axeitados a cada idade.



Mochila viaxeira 2022

 O alumnado de quinto e sexto tamén anda as voltas coas súas mochilas viaxeiras.

Aqui Nerea de sexto nos achega este documento gráfico no que reflexiona sobre os libros que van na mochila!



lunes, 9 de mayo de 2022

Obradoiro de Igualdade

 Esta semana recibimos unha visita moi chachi, coma sempre Iria e Dani fannos reflecionar e debatir a través dos seus contos e dos seus debuxos.

Desta volta visitáronnos dentro dun programa de Igualdade que está levando a cabo o Concello de Pantón cunha serie de actividades e propostas lúdicas adicadas á cativada.

Moitas grazas por esta actividade e por achegarnos sempre esas historias tan chulas, Ira e Dani!




Mochilas viaxeiras 2022

 Que ben fala o noso alumnado,como se explican e con que alegría desfrutan dos libros da mochila viaxeira!

Hoxe Bruno, de primeiro achéganos este video!

Moitas grazas Bruno e familia!



martes, 3 de mayo de 2022

Día do libro 2022📚🌈

 Este ano de novo brotaron as ideas e a creatividade, para conmemorar o día do libro no Monte Baliño!

Aqui vos deixamos unha pequena mostra de todas as actividades que senlevaron a cabo, dende unha cita a cegas cun libro descoñecido, xogando coa imaxinación e o misterio, unha chea de mensaxes sobre porque é importante e chulo ler, chegamos á bibliotpatio, onde os libros baixaron en caixiñas para amenizar os momentos de lecer, e por último, Lerín propúxonos uns retos de busca e premio final, na biblio, o seu lugar favorito do cole!

O alumnado de primeiro e segundo preparou este super documental sobre a súa excursión a Sober, ademaismos libros que lle tocaron para ler, eran dos Bolechas que ían tamén de viaxe a este lugar.
Que ben debuxan!




domingo, 1 de mayo de 2022

Mochilas viaxeiras 2022

 Xa botavanos de menos as nosas mochilas!

Hoxe Emma de quinto de infantil, fainos chegar este video tan cheo de color, no que nos conta canto lle gustou a mochila viaxeira.

Grazas Emma e familia!🌈🎒



Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...