martes, 3 de mayo de 2022

Día do libro 2022📚🌈

 Este ano de novo brotaron as ideas e a creatividade, para conmemorar o día do libro no Monte Baliño!

Aqui vos deixamos unha pequena mostra de todas as actividades que senlevaron a cabo, dende unha cita a cegas cun libro descoñecido, xogando coa imaxinación e o misterio, unha chea de mensaxes sobre porque é importante e chulo ler, chegamos á bibliotpatio, onde os libros baixaron en caixiñas para amenizar os momentos de lecer, e por último, Lerín propúxonos uns retos de busca e premio final, na biblio, o seu lugar favorito do cole!

O alumnado de primeiro e segundo preparou este super documental sobre a súa excursión a Sober, ademaismos libros que lle tocaron para ler, eran dos Bolechas que ían tamén de viaxe a este lugar.
Que ben debuxan!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Fomos de granxa!

  Hoxe pasámolo moi ben na granxa de Puluán! Saímos do cole felices, con ganiñias de descubrir todas as sorpresas que nos agardaban, primeir...