domingo, 13 de marzo de 2022

8 de Marzo

Hoxe 8 de marzo aproveitamos para lembrar un día máis a importancia das mulleres ao longo da vida e da historia, dende o recunhco máis pequeno ata o máis grande hoxe berramos ben alto que todas somos esenciais para o futuro que temos por diante!
O respecto, a igualdade, o amor, a amizade, a axuda e os coidados, entre as persoas e para as persoas non entende de xénero!
Dentro do noso proxecto do cine, dende as diferentes titorías chegan propostas moi diversas…se queredes descubrilas ide pinchando nos enlaces!

Semana da prensa📝

Durante esta semana e a seguinte traballaremos diferentes propostas relacionadas coa prensa no cole, aínda que de maneira semanal xa se realizan actividades relacionadas con este eido, posto que pertencemos ó programa de “Prensa na escola”, da Voz de Galicia.

Aqui iremos recollendo as diferentes propostas achegadas polas diferentes titorías e áreas!

Na aula de infantil de 3 anos estiveron examinando os periódicos, as súas partes e fixeron un traballo de xeometría, recortando as figuras xeométricas básicas.




Despois axudados de rotus de cores, debuxaron o seu esquema corporal utilizando o papel de periódico, que artistas!


E por último estiveron buscando e rodeando as letras maiúsculas que xa coñecen, que agudiñ@s son estes pequen@s!


Seguiron practicando as artes creativas utilizando os periódicos como fondo para as súas creacións, resultado…




Na clase de Pedagoxía terapéutica tamén se achegaron diferentes propostas.
Por unha banda realizaron traballo de velocidade de procesamento da información e busca de grafemas que resultan complicados.




Despois estiveron repasando as partes dun periódico, e analizando a información que aparece en cada unha delas.







sábado, 12 de marzo de 2022

Biblio construccións

 Hoxe os nosos biblioaxudantes recibiron os novos mobles para a nosa radio escolar!

Non hai nada mellor que cronstruir en equipo, organizarse, axudarse e ver o resultado dun traballo ben feito en compañía!





lunes, 7 de marzo de 2022

Mochilas viaxeiras🎒🌈📚

 Algunhas das nosas mochilas xa andan de segunda volta, con libros novos, aqui temos a Mateo de terceiro que nos explica minuciosamente cada un dos libros que topou dentro da mochila.

Grazas Mateo e familia!





jueves, 3 de marzo de 2022

Entroido 2022👻🌈🤡👹

 Este ano recibimos con moitas ganiñas o Entroido, asi que dende o primeiro día da semana seguimos os mandados de Lerín, que pouco a pouco foron enchendo o cole de cores e risas!

O venres rematamos por todo o alto, con desfile, bailes, talleres e moita diversión, aqui queda un anaco de todo o que fixemos!

Viva o Entroido no Monte Baliño!



miércoles, 2 de marzo de 2022

Xoves de comadres🪅👏🏻🎺

 E igual que celebramos o xoves de compadres, tamén montamos as nosas comadres co alumnado!

Durante o recreo do mércores nas titorías elaboráronse as diferentes comadres, relacionadas co proxecto do cine, asi os nenos de cada aula, fixeron estas simpáticas creacións que nos acompañaron no cole durante todo o xoves! Viva o Entroido!



Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Despois de todos estes días de vacacións, colores e ledicia de Entroido, comezamos de novo cos documentos que nos envían as familias da mochila viaxeira!

Desta volta unha das nosas maiores, Adriana de quinto de primaria resume moi ben cada un dos libros que contiña a mochila, grazas Adri e familia!👏🏻⭐️



Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...