domingo, 13 de marzo de 2022

Semana da prensa📝

Durante esta semana e a seguinte traballaremos diferentes propostas relacionadas coa prensa no cole, aínda que de maneira semanal xa se realizan actividades relacionadas con este eido, posto que pertencemos ó programa de “Prensa na escola”, da Voz de Galicia.

Aqui iremos recollendo as diferentes propostas achegadas polas diferentes titorías e áreas!

Na aula de infantil de 3 anos estiveron examinando os periódicos, as súas partes e fixeron un traballo de xeometría, recortando as figuras xeométricas básicas.




Despois axudados de rotus de cores, debuxaron o seu esquema corporal utilizando o papel de periódico, que artistas!


E por último estiveron buscando e rodeando as letras maiúsculas que xa coñecen, que agudiñ@s son estes pequen@s!


Seguiron practicando as artes creativas utilizando os periódicos como fondo para as súas creacións, resultado…




Na clase de Pedagoxía terapéutica tamén se achegaron diferentes propostas.
Por unha banda realizaron traballo de velocidade de procesamento da información e busca de grafemas que resultan complicados.




Despois estiveron repasando as partes dun periódico, e analizando a información que aparece en cada unha delas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

TROCALIBROS!

  Repetimos este ano unha actividade que o pasado curso deunos moitas alegrías e descubríunos mundos novos! Para conmemorar o día do libro c...