miércoles, 26 de enero de 2022

Semana da Paz

 Xa imos na metade da semana, e hoxe tócalle o turno aos maiores do cole, que copiando a idea do popular programa de televisión, crearon un Paz-Apalabra, con definicións e termos relacionados cun mundo de paz.

Podedes xogar antes de que eles responda, sábenas todas eh!



martes, 25 de enero de 2022

Semana da Paz

 Seguimos a golpe de martes coa nosa celebración especial do día da Paz e da non violencia, hoxe o alumnado de primeiro e segundo fainos chegar este poema precioso acompañado duns debuxos que simbolizan o amor, o respecto e os desexos de unión de todo o mundo!



lunes, 24 de enero de 2022

Semana da paz

 Durante esta semana moitas serán as propostas e actividades que levaremos a cabo...

Os primeiros que inauguran esta semana de paz, son os pequenos e pequenas de catro e cinco anos de infantil, que recrean unha obra de teatro na que, con moi bo facer, contan a historia da pomba da paz.

Que artistas son!👏🏻👏🏻👏🏻


sábado, 22 de enero de 2022

Mochilas viaxeiras📚🎒🌈

 As nosas mochilas siguen viaxando polos fogares do noso alumnado, esta semana visitou a Mencía de cuarto, que nos quixo enviar este video no que explica que libros tan chulos había dentro!

Grazas Mencía e familia!



viernes, 21 de enero de 2022

CONCURSO DE RADIO

 Boas familias e alumnado:

Este ano despois de varias veces intentandoo, como xa vos adiantamos, concedéronnos a radio no noso cole, un proxecto impulsado pola asesoría de bibliotecas, que introduce este formato comunicativo e moi motivador dentro do ámbito escolar.

Como todas as radios, a nosa necesita un nome e un logo, tendo en conta que a mascota da nosa biblio é Lerín, propoñémosvos un RETO no que nos gustaría moito contar coa vosa creatividade e participación.

Consiste en crear un LOGO e un NOME para a nosa radio, relacioado co colexio por suposto, a contorna, o noso alumando, etc...

Poderedes entregar as vosas propostas ata o día 4 de febreiro na BIBLIOTECA!

Moitas grazas pola vosa participación!


Maratón por el agua de CEIP Monte Baliño

Carreira da Paz

 Como xa é un clásico nestas datas, no cole imos a celebrar unha carreira solidaria, para conmemorar o Día da paz e da non violencia!

Este día está fixado a nivel mundial o 30 de Xaneiro, e aínda que todos os días do ano os bos desexos e as boas prácticas teñen que marcar o noso comportamento, durante esta semana faremos fincapé con diferentes actividades e propostas.

A carreira levarémola a cabo o día 28, venres, coma sempre, pedimos a vosa colaboración para que todo o alunado acuda ao centro con roupa cómoda ese día.

Ademais dende fai uns anos, colaboramos con diferentes materias cunha entidade local, para concienciar ó alumnado da importancia de compartir e de valorar todas as cousas que temos.

Este ano solicítannos de novo a necesidade de MATERIAL ESCOLAR, así que aquelas familias que poidan, poderán achegar ao centro libros, libretas, lápices, etc..., ata o 4 de febreiro, e posteriormente faremos entrega dos mesmos!

Moitas grazas coma sempre pola vosa colaboración!









martes, 11 de enero de 2022

Mochilas viaxeiras 2022🎒🌈📚

 Feliz ano novo!!!!

Aqui voltamos con moita enerxía neste 2022, con nenos e nenas que enchen de ilusión e ledicia cada día!

Hoxe Tomás de cuarto de primaria, é o primeiro de 2022 que envía o seu super video das mochilas viaxeiras, grazas Tomás e familia!



Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...