viernes, 21 de enero de 2022

Carreira da Paz

 Como xa é un clásico nestas datas, no cole imos a celebrar unha carreira solidaria, para conmemorar o Día da paz e da non violencia!

Este día está fixado a nivel mundial o 30 de Xaneiro, e aínda que todos os días do ano os bos desexos e as boas prácticas teñen que marcar o noso comportamento, durante esta semana faremos fincapé con diferentes actividades e propostas.

A carreira levarémola a cabo o día 28, venres, coma sempre, pedimos a vosa colaboración para que todo o alunado acuda ao centro con roupa cómoda ese día.

Ademais dende fai uns anos, colaboramos con diferentes materias cunha entidade local, para concienciar ó alumnado da importancia de compartir e de valorar todas as cousas que temos.

Este ano solicítannos de novo a necesidade de MATERIAL ESCOLAR, así que aquelas familias que poidan, poderán achegar ao centro libros, libretas, lápices, etc..., ata o 4 de febreiro, e posteriormente faremos entrega dos mesmos!

Moitas grazas coma sempre pola vosa colaboración!









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...