viernes, 21 de enero de 2022

CONCURSO DE RADIO

 Boas familias e alumnado:

Este ano despois de varias veces intentandoo, como xa vos adiantamos, concedéronnos a radio no noso cole, un proxecto impulsado pola asesoría de bibliotecas, que introduce este formato comunicativo e moi motivador dentro do ámbito escolar.

Como todas as radios, a nosa necesita un nome e un logo, tendo en conta que a mascota da nosa biblio é Lerín, propoñémosvos un RETO no que nos gustaría moito contar coa vosa creatividade e participación.

Consiste en crear un LOGO e un NOME para a nosa radio, relacioado co colexio por suposto, a contorna, o noso alumando, etc...

Poderedes entregar as vosas propostas ata o día 4 de febreiro na BIBLIOTECA!

Moitas grazas pola vosa participación!


Maratón por el agua de CEIP Monte Baliño

Carreira da Paz

 Como xa é un clásico nestas datas, no cole imos a celebrar unha carreira solidaria, para conmemorar o Día da paz e da non violencia!

Este día está fixado a nivel mundial o 30 de Xaneiro, e aínda que todos os días do ano os bos desexos e as boas prácticas teñen que marcar o noso comportamento, durante esta semana faremos fincapé con diferentes actividades e propostas.

A carreira levarémola a cabo o día 28, venres, coma sempre, pedimos a vosa colaboración para que todo o alunado acuda ao centro con roupa cómoda ese día.

Ademais dende fai uns anos, colaboramos con diferentes materias cunha entidade local, para concienciar ó alumnado da importancia de compartir e de valorar todas as cousas que temos.

Este ano solicítannos de novo a necesidade de MATERIAL ESCOLAR, así que aquelas familias que poidan, poderán achegar ao centro libros, libretas, lápices, etc..., ata o 4 de febreiro, e posteriormente faremos entrega dos mesmos!

Moitas grazas coma sempre pola vosa colaboración!









martes, 11 de enero de 2022

Mochilas viaxeiras 2022🎒🌈📚

 Feliz ano novo!!!!

Aqui voltamos con moita enerxía neste 2022, con nenos e nenas que enchen de ilusión e ledicia cada día!

Hoxe Tomás de cuarto de primaria, é o primeiro de 2022 que envía o seu super video das mochilas viaxeiras, grazas Tomás e familia!



miércoles, 29 de diciembre de 2021

Robótica no Nadal



Os días previos a Nadal, o alumnado de quinto e aexro de infantil na súa sesión de estimulación da linguaxe traballou con BlueBot: vocabulario de Nadal, categorización e agrupamentos (bonecos de neve, papá noeles, árbores de Nadal, agasallos e renos), descricións e expresión oral, orientación espacial...

Aqui tedes unha pequena mostra!!




O noso Nadal

 No Monte Baliño celebramos o Nadal, elaboramos uns agasallos preciosos con material de refugallo, soprendemos @s nos@s veciños da escola infantil e do Centro de día cantándolles unha panxoliña e desexámoslle os nosos mellores desexos.

Degustamos un menú de Nadal estupendo, con sobremesa especial, despois abrimos os nosos agasallos, que caras de ilusión, que ledicia!

Por último, coas nosas mellores galas, desfrutamos das 12 badaladas, comendo gusanitos na distancia e brindando cos nosos mellores sorrisos por un 2022 cheo de amor, saúde e ilusión!

Grazas as familias pola colaboración nas diferentes actividades, bo nadal e feliz novo ano 2022!

jueves, 23 de diciembre de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Antes de rematar o nao, seguen chegando os vídeos dos nosos pequenos e pequenas, seguen chegando, aqui trmos a Nerea de sexto de primaria, que  nos explica os libros que chegaron viaxando a súa casiña.

Grazas Nerea e familia!🎒🌈📚



martes, 21 de diciembre de 2021

Casting no Monte Baliño!🎬

 Desta volta un equipo de realización acercouse ao Monte Baliño en busca de novos talentos para unha película que seica están rodando…mal sabían que no noso cole sobre arte e bo facer, que as nosas crianzas son uns artistas e que todop que se propoñen, conségueno!

Aqui está o proceso de casting d@s pequen@s, con moito agarimo, ledicia e os mellores desexos para un 2022 que virá cargado de saúde e cousas bonitas para tod@s!

Bo nadal e boa entrada nun novo ano redondo!

Música:

- Voltar a casa por Nadal. Pablo Novoa e a Xababanda.

- A árbore de Nadal. 

- Xa me tardan eses magos. Mamá cabra.

- Emelie Sandé. Read all about it. Baseada nunha idea de Britain’s Got Talent.

- O meu Nadal perfecto. Iván Vale.

- Safe and sound, Capital cities. Adventure of a lifetime, Coldplay. Lovely, Bilie Eilish.

- Panxoliñoa Beatle, O-bla-di, O-bla-da, que ledicia!

Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...