lunes, 20 de diciembre de 2021

Os nosos mellores desexos!

Dende a familia do Ceip Monte Baliño desexamosvos un Nadal e un novo ano 2022 cheo de amor, saúde e moitas ilusións, e como sempre non hai mellor maneira de facelo que coa axuda de toda a rapazada que a diario nos ensina que cun sorriso se pode conseguir todo, que nos enechen de enerxía e que inundan de ledicia cada un dos recunchos do noso cole!

Unha aperta moi especial @s nos@s veciñ@s do centro de día, que este ano non puidemos celebrar xunt@s…pero voltaremos a facelo!🥰


Música: Panxoliña Beatle. O-bla-di O-bla-da, que ledicia!

domingo, 19 de diciembre de 2021

Radio na biblio!

 Este ano estamos moi content@s e ilusionad@s cun novo proxecto que temos entre mans, despois de varios anos intentándoo por fin fomos seleccionados para empezar a traballar no programa de “Radio na biblo”!

Pouco a pouco a nosa experiencia radiofónica empezará a arrancar, polo de pronto este xoves tivemos a primeirs formación, que se levou a cabo para a rapazada de quinto e sexto, eses xeniais biblioaxudantes, que se encargarán tamén de poñernos nas ondas sonoras!

A experiencia foi xenial, grazas Sergio por comezar a introducirnos neste mundo tan chulo da radio, pronto empezaremos a producir as nosas creacións, non perdades ollo!





sábado, 18 de diciembre de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

Xa van chegando as nosas últimas viaxes das mochilas lectoras neste 2021, hoxe temos un vídeo moi chulo dun alumno de primeiro, Bruno, que nos conta moi contento todo o que había na mochila viaxeira!
Moitas grazas familia!


martes, 14 de diciembre de 2021

Recomendacións lectoras!📚

 Como cada ano por esta época, chegan as recomendacións lectoras de Lerín, este ano ademáis de libros novos de recente publicación, recuperamos algunhas obras preciosas e cheas de mensaxe que tamén adquirimos para a nosa biblio, aqui van as recomendacións de Lerín, para a cativada e as familias!

Lembrai que sempre é un bo momento para empezar unha viaxe literaria, canto máis agora neste tempo de descanso e compañía dos nosos!

Bo Nadal e boa entrada neste 2022!🪅🪅🌟



Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Bos días! Despois duns cantos días de descanso voltamos a carga, máis ca nunca, coas mochilas viaxeiras!

Aqui temos a Laia de cuarto, que moi ben acompañada, cóntanos que libros da mochila lle pareceron máis interesantes!

Moitas grazas famila!




lunes, 13 de diciembre de 2021

Festi Baliño⭐️⭐️⭐️⭐️

 Van chegando as vacacións, un tempo de descanso e de compartir cos nosos seres queridos, despedir un ano e recibir outro cheo de ilusións e proxectos!

No Monte Baliño imos a despedilo por todo o alto, asi que o día 21 traede as vosas MELLORES GALAS, para celebrar como se merece o comezo do descanso, darlle a benvida a un ano novo e despedir como se merece este 2021 que se vai cargado de valentía, paciecia e adaptación incomiable por parte dos nos@s pequen@s!



FestI baliño martes 21 de decembro de CEIP Monte Baliño

lunes, 6 de diciembre de 2021

Amig@ invisible!👏🏻🎁🪅

 No noso cole aproveitamos todos os días para agasallarnos con moitos xestos que non son materiais, a diario rodeámonos de amizade, de apertas, de axuda mútua, respecto, alegría e aprendizaxes.

Aínda así, durante estas datas, como xa é un clásico, aproveitamos para regalarnos algún detalle material, pero sempre con un fin principal, centrándoo na elaboración propia, no material de refugallo e no esforzo e cariño que cada quen lle pon ao seu agasallo invisible!

Este ano volvemos a propoñer a mesma actividade pero con un pequeno matiz:

- Cada alumno e alumna elaborará un pequeno detalle, utilizando material de refugallo, que posteriormente colocaremos na nosa árbore no cole.

- Os agasallos este ano non van dirixidos a ninguén en concreto, senon que cada quen, no seu turno, collerá un, ao azar. 

- Tendo en conta que non sabemos a quen lle tocará, haberá que poñer en xogo a imaxinación e a creatividade que tedes!

- Os detalliños haberá que traelos antes do día 20 ao cole, e se pode ser envoltos.

Moitísimas grazas como sempre pola vosa colaboración!🥰


AMIG@S INVISIBLES de CEIP Monte Baliño

Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...