lunes, 1 de noviembre de 2021

Biblio contos presenta…📚🧙🏼‍♀️

 Nesta nova entrega de contos lidos polo noso alumnado de quinto e sexto, as encargadas son Claudia e Daniela, que nos describen unha historia fantástica sobre tres curuxas e o medo de que a súa nai, que saiu na procura de comida, non volva…

Libro: Las tres pequeñas lechuzas. Martin Waddell.




viernes, 29 de octubre de 2021

Biblio conto presenta…👻🧙🏼‍♀️📚🧙‍♂️💀

 Desta volta Manuel e Fabrizio narran a historia de Rufus, un morcego que descobre as cores…aue lle acontecerá? Como remata a historia?…

Atrévete a descubrilo!

Libro: Rufus, un morcego que adoraba as cores. Tomi Ungerer.





Biblio contos presenta…👻💀🧙🏼‍♀️

 Como todos os anos por esta época medorenta, o noso alumnado biblioaxuandante préstase a contarnos novas historias de medo!

Fano con moito xeito e moita ilusión, esperamos que desfrutedes destas historias terroríficas e deste día tan terrorificamente monstruoso!🧙‍♂️🧙🏼‍♀️👻💀👹

Angelis, alumna de quinto, cóntanos : Un pesadelo no meu armario. Un libro de Mercer Mayer.




jueves, 28 de octubre de 2021

Mochilas viaxeiras📚🎒🌈

 Aqui nos chega o vídeo de Jimena, alumna de terceiro que desfrutou  da mochila viaxeira e de todos os libros e revistas que había nela!

Grazas Jimena e familia!



Entrega de marcapáxinas!📚

 Durante esta semana traballamos o Día das bibliotecas, dende diferentes propostas e materias.

Com sempre dende o colectivo Lemos le, tamèn se fixo un proxecto conxunto moi especial, no que se abordou a obra dunha escritora cercana, como è Noa Moreira.

O alumnado de quinto e sexto afondaron na súa obra e vida, e despois elaboraron unha serie de preguntas que lle formularían a autora se puidesen…e así foi!

Elexírinse tres, que se gravaron e enviaron, xunto cos compañeiros e compañeiras do Colectivo Lemos Le. Despois Noa Moreira, contestou con moito agrado a cada unha desas cuestións! Moitas grazas Noa!

Elaboraronse tamén uns marcapaxinas moi chulos, cun texto moi especial da autora, que se lle entregou a todos nenos e nenas do cole!

Vivan as Bibios e a nosa Biblio- Baliño!






 


miércoles, 27 de octubre de 2021

Cine-Baliño🎬👹


 Como xa adiantamos cos nosos retos, o alumnado do Ceip Monte Baliño hoxe asistiu a unha sesión de cine na Biblio, para celebrar o día das bibliotecas escolares, ampliando as actibidades que se poden facer neste espazo tan especial!

Pasámolo de medo!!!🎉🎬🎭




lunes, 25 de octubre de 2021

Apócemas de bruxa🤖👻

🧙‍♂️Apócemas de Bruxas con escornabot_ 

Na gran semana do medo no Baliño, durante a sesión de estimulación da linguaxe en Infantil, levamos a cabo unha actividade feiticeira.

Coa inestimable colaboración de Bluebot e a participación activa dos pequenos e pequenas da aula, preparamos unhas apócemas de bruxa seleccionando os mellores ingredientes: vermes, ratas, mazás mordidas, morcegos, pés,  cornos de unicornio, moscas, escorpións, zume de cabeza de xigante, viño verde de ogro, esencia de unllas, ollos, setas velenosas e moitos máis.

Traballamos vocabulario temático de Samaín, seguimento dunha receita, orientación espacial, programación sinxela, agardar quenda de xeito paciente, colaboración, traballo en equipo...

Foi unha clase terroríficamente divertida! 

Grazas rapazada por axudar á bruxa!👹💀






Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...