miércoles, 29 de septiembre de 2021

O nosos actores e actrices

Dende o ano pasado, debido a situación sanitaria, estamos obrigad@s a levar máscara mentras estamos no colexio!

Pero iso non quita que sigamos sorrindo cada día! 

Como precisamos vernos, no noso centro temos un mural precioso repleto de caras alegres de todos e todas cantos convivimos a diario!




martes, 28 de septiembre de 2021

O cine Baliño!

 Este ano afondaremos no mundo do cine, a través de diferentes propostas e actividades iremos dando forma a esta nova película que é o curso 2021-2022.

Para coñecer o reparto desta nova entrega, facemos un adianto e poñémoslle un sorriso a cada actor e actriz!

Rodando!🎬🎬🎭



jueves, 23 de septiembre de 2021

Kinetiko

 Volve a actividade ao Monte Baliño!

A semana pasada asistimos por turnos e grupos de conviencia a unha exposición moi peculiar, “KINETIKO”.

O proxecto parte dunha asociación entre un xogueteiro e un titiriteiro, que con moita creatividade e materias naturais, transpórtannos a un mundo de xogo autómata, como eles o definen, cheo de poleas, pancas e moito inxeño!

Moitas grazas, encantounos!



lunes, 13 de septiembre de 2021

A bibilioteca escolar ten a palabra

Este curso 2021-2022 estará guiado por esa premisa que nos chega dende bibliotecas escolares, "A Bibilioteca escolar ten a palabra". 

Con estas coordenadas navegaremos polas distintas augas das verbas, da sonoridade da palabra, da escoita, do silencio, da lectura, do podcast, etc... ampliando o noso repertorio de recursos orais, escritos e multimedia.

Este cartaz de Pablo Otero, acompañaranos durante todo o curso, asi que navegantes, agarrense ben as súas butacas de cine, que un novo ano da Biblio-Baliño comeza de novo!!


 


miércoles, 8 de septiembre de 2021

Un Curso de Alu-CINE!

 ...Mochilas cheas de ilusións e novos retos chegarán mañá ó Ceip Monte Baliño, despois dunhas vacacións máis que merecidas, de desconectar e deixar atrás un curso canto menos complicado, voltamos a abrir as portas do noso cole...

Lerín e todas as mestras e mestres, están coas pilas cargadas, cunha chea de proxectos e aprendizaxes esperando para ser descubertos...

Cada ano que empeza é especial e diferente, este  curso 2021-2022 non vai a ser menos, por iso imos a darvos uns cantos "conselliños" para comezar e seguir o camiño que se nos abre diante, con moito xeito e éxito:

-Enerxía positiva para afrontar a película de cada día!

-Oídos e ollos ben abertos para non perder detalle do guión...

- Destrezas de investigación para descubrir os diferentes retos que requiren ser descifrados.

- Moito respecto, compañeirismo e axuda para chegar entre tod@s a vivir dun xeito irrepetible este "ano de cine"

Asi que a espera de que a música sone de novo no Monte Baliño, abrimos a taquilla para a entrada dos actores e actrices, colocamos as luces e o pasillo para as estrelas, e só queda dar a voz de saída...

EN 3, 2, 1...ACCIÓN!!







jueves, 1 de julio de 2021

Fin de curso

Hoxe pechamos un curso 2020-2021 marcado polos cambios, os tapabocas, os xeles hidroalcohólicos e os nosos pasillos cheos de frechas…

Curso no que os nosos pequenos e pequenas demostraron unha vez máis o grandes que son, a paciencia e bo facer que tiveron, grazas a el@s, as familias, mestr@s e a toda a comunidade educativa do Ceip Monte Baliño, comezamos o curso cos nosos sorrisos agochados baixo os tapabocas, e rematámolo igual, pero co corazón cheo de lembranzas e orgullos@s de ter chegado ata o final!

Agora toca respirar fondo, gozar, ler, rir, nadar, bailar e cargar pilas para o vindeiro curso, no que seguiremos demostrando que os verdadeiros heroes e heroínas non levan capa se non,  mochilas!

Boas vacacións!🌈🌈🌈🌟⭐️🌞🥰🌼



martes, 22 de junio de 2021

Graduación sexto🎓🎓🎓🎓


 Este venres o noso alumnado de sexto recibiu o aplauso e o agarimo de toda a comunidade educativa do Monte Baliño.

Entre recordos e emocións os nosos chicos e chicas marchan para secundaria, cheos de experiencias e con moitas ilusións sobre as que están por vir!

Boa sorte pequen@s, agora toca VOAR!!💜


Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...