jueves, 14 de enero de 2021

Concurso de fotografía

 Este ano para celebrar o Día Mundial da Paz e da non Violencia, que se data a 30 de Xaneiro, imos a propoñervos un concurso de fotografía!

Como andades de obxectivos? de cámaras? de ideas e creatividade xa sabemos que ides moi che@s...

A proposta é moi sinxela, todas e todos temos lugares, persoas, momentos, mascotas,...é dicir, cousas que nos fan sentir calma, tranquilidade e PAZ.

Teredes que enviar unha foto na que se plasme iso, algo que para vós sexa VER PAZ!

Enviadelo ao mail da biblioteca que aparece no cartaz, co voso nome e curso, e un TÍTULO para a fotografía!

Con todas elas faremos unha exposición e observaremos moitas posibilidades e circunstancias nas que a PAZ nos rodea e nos enche profundamente!

Ánimo a participar tod@s! 💓

 

como se ve a paz? de Moyla Pekena

miércoles, 13 de enero de 2021

Empezamos con forza!


 E aqui estamos de novo, neste 2021, pero con màis ilusións, proxectos e enerxías se cabe!

Comezamos o ano montando aos nosos robots, hoxe tocoulle o turno ao alumnado de cuarto, que seguindo todas as medidas de hixiene pertinentes, empezaron a montar a “Yellow-bot”, aínda nos queda un pouquiño para rematar!! 

Como nos gusta “fedellar” coa tecnoloxía!🤖🤖🤖👾👾👾


miércoles, 23 de diciembre de 2020

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Rematamos o trimestre coas recomendacións da mochila viaxeira que nos trae Tomás de terceiro, que nos conta moi ben o que lle gustou de cada un dos libros.

Moitas grazas Tomás e familia!🎒🌈



martes, 22 de diciembre de 2020

CHUVIA DE ESTRELAS!!

 Pois...chegou o fin de trimestre, chegou o peche dun ano complicado e moi diferente, pero iso non apagou as nosas forzas nin as nosas ilusións, unha vez máis estes nenos e nenas demotraron que todo é POSIBLE se o intentas con forza, se melloramos no camiño, se aprendemos xunt@s, se xogamos a ser superheroes e superheroínas, e así....podemos chegara ata o infinito e máis alá!!! GRAZAS UNHA VEZ MÁIS POR ENSINARNOS CADA DÍA!

Preparamos este festival con todo o agarimo do mundo, para que aínda que non nos poidamos xuntar para aplaudir, poidamos gozar do gran talento que teñen estes pequenos e pequenas!

Desexamos que vós guste e dende o Claustro do Ceip Monte Baliño mandamos para todas as familias moitas apertas virtuais, enerxía e moita saúde para este novo ano e darvos as GRAZAS polo bo facer e pola axuda incondicional para que este trimestre fora MARABILLOSO!

Agora é tempo de fogar, de casiña e descansar, para recibir todo o bonito e emocionante que nos espera a volta da esquina, para seguir crecendo e aprendendo XUNT@S!

Benvido 2021, ano de novas ilusións! 



Música:
- Mi burrito sabanero. Villancicos pupulares.
- O Apalpador. Mama Cabra.
- Volver a casa por Nadal: Xabarín e Xababanda.
- Jerusalema. Master KG.
- Mini. Cantigas de Nadal: Unha pouca roupiña.



jueves, 17 de diciembre de 2020

Os nosos mellores desexos!!!

 Todos os anos por estas datas estabamos ilusionadísim@s preparando as nosas panxoliñas para cantar cos nosos amigos e amigas do Centro de Día...

Este ano, como moitas outras cousas na nosa vida, non vai ser doado vernos, nin compartir ese momento tan especial, no que se xuntaban a enerxía dos cativos e a sabedoría dos maiores, pero aínda así...

Aquí estamos, con máis ganas que nunca, para adicarvos este agasallo, esta cantiga navideña interpretada por todos os nenos e nenas do cole, grazas a profe Silvia, que coas súas notas musicais, puxoos a todos a afinar así de ben!

Desexamos que o vindeiro ano, poidamos compartir,  bailar e cantar, como sempre facemos, e como voltaremos facer!!

BO NADAL E FELIZ 2021, CHEO DE ILUSIÓNS!!!!👴👵💗


miércoles, 16 de diciembre de 2020

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Mencía de 3º tráenos un video moi chulo no que nos fala sobre a mochila viaxeira e o que nela había...nun entorno moi Navideño, esta cativa explica xenial cada un dos libros!

Moitas grazas Mencía e familia!🌈🎒



Amig@ invisible!

Boas familias!!! 
Este ano, non podiamos de deixar de facer o noso particular "Amig@ invisible", así que despois dun axustado sorteo, aqui vos deixamos as bases...
Que bonito é poder recibir mensaxes de alegría, esperanza a amor dos noso compañeiros e compañeiras!!
Lembrai, que non é preciso mercar nada, na casiña temos moitas cousas que poden facer unha marabillosa postal!!!


Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...