martes, 15 de diciembre de 2020

Recomendacións lectoras

 Boas amiguiños, amiguiñas e familias!!!

Coma todos os anos, fágovos chegar as nosas recomendacións lectoras, sempre é un bo momento para un libro, nono esquezades, este ano tamén vos deixamos uns xogos e libros para os maiores da casa, desexamos que desfrutedes coma min, das viaxes inimaxinables que nos poden descubrir os libros!

Ahhh e lembrai, apostar polo local á hora de mercar!!

Unha aperta ben grande, moita felicidade, saúde a amor!!! 


Festi-NADAL!!

No Ceip Monte Baliño, nono pasamos nada mal...asi que este ano faremos un FESTI-NADAL! Un poco diferente, pero sempre especial...

O día 22 daremos vacacións, así que despediremos este trimeste primeiro coas nosas mellores galas e purpurinas, brillos e "lentejuelas" e moita cor e ledicia!!!





viernes, 4 de diciembre de 2020

Uñas de cores

 Durante a semana pasada, no Monte Baliño, traballáronse diferente conceptos relacionados co respecto as diferencias, e tolerancia, e todos os valores axeitados para unha vida en comunidade centrada na importancia de aceptación de todas as persoais independientemente das súas características.

A profe Cris, na súa sesión de estimulación da linguaxe, traballou cos cativos e cativas de infantil, este conto tan representativo "Uñas de cores" de Alicia Acosta e Luis Amavisca, da editorial Nubeocho.

Aqui vos deixamos unha mostra do ben que o pasaron, e todo o que aprenderon!!

GRAZAS CHIC@S!!!



miércoles, 2 de diciembre de 2020

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Candela, a nosa compi de sexto envìanos este vídeo tan chachi sobre os libros que ían dentro da súa mochila viaxeira.

Grazas Candela e familia por esa creatividade!🌈🎒🍁🍂



Disca...que?

 Hoxe 3 de decembro, è o Dìa Internacional das persoas con discapacidad, a nosa profe Cris, fainos chegar esta historia tan bonita e doada de entender, na que nos explica que as dificultades as veces causàmolas nós, que o respecto, o diàlogo, a tolerancia e a aceptación das diversas capacidades, son a nosa bandeira do barco, as que nos deben guiar nun mundo cheo de portas abertas, redondas, cuadradas, triangulares...nas aue todas e todos entramos, e das que todas e todos desfrutamos.

Grazas profe Cris e Marvel!



Pilongo e Amanito

 O pasado venres voltou a visitarnos Iria, a mami dos nosos compis Lila e Fiz. Esta vez troúxonos un obradoiro para o grupo de convivencia de Infantil e 1º/2º de Primaria. 

A actividade que nos presentou xiraba entorno ao seu libro "Pilonga e Amanito"


Comezou cunha pequena introducción sobre o OUTONO na que falamos das cores, as paisaxes, o clima... os productos do outono, coma os cogumelos e porqué.

Amosounos fotiños de diferentes cogumelos e contounos as súas características e cales se podían e non consumir. 

Tras isto, continuou cunha sesión de contacontos do seu libro.

Para rematar este obradoiro tan entretido, propúxolles aos pequenos e pequenas colorear e deseñar a súa propia casa-cogumelo e o máis divertido de todo, fixeron un collage no que se representaron a sí mesmos coma se fosen gnomos. 

Moitas grazas Iria, volve pronto!🌈☀️🍂🍁🍄



Mochilas viaxeiras!🎒🌈

Bos días! Esta semana a mochila viaxeira de terceiro visitou a casiña de Laia, aqui nos conta moi ben que libros lle gustaron màis e cales lle pareceron moi interesantes.
  Moitas grazas Laia e familia!🤸🏻🌈📚




Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...