miércoles, 2 de diciembre de 2020

Pilongo e Amanito

 O pasado venres voltou a visitarnos Iria, a mami dos nosos compis Lila e Fiz. Esta vez troúxonos un obradoiro para o grupo de convivencia de Infantil e 1º/2º de Primaria. 

A actividade que nos presentou xiraba entorno ao seu libro "Pilonga e Amanito"


Comezou cunha pequena introducción sobre o OUTONO na que falamos das cores, as paisaxes, o clima... os productos do outono, coma os cogumelos e porqué.

Amosounos fotiños de diferentes cogumelos e contounos as súas características e cales se podían e non consumir. 

Tras isto, continuou cunha sesión de contacontos do seu libro.

Para rematar este obradoiro tan entretido, propúxolles aos pequenos e pequenas colorear e deseñar a súa propia casa-cogumelo e o máis divertido de todo, fixeron un collage no que se representaron a sí mesmos coma se fosen gnomos

Moitas grazas Iria, volve pronto!🌈☀️🍂🍁🍄



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Fomos de granxa!

  Hoxe pasámolo moi ben na granxa de Puluán! Saímos do cole felices, con ganiñias de descubrir todas as sorpresas que nos agardaban, primeir...