Onte na Biblio de Lerín tivemos unha sorpresa entroideira marabillosa.
A nosa xenial mestra Laura, oriunda de Xinzo (Ourense) agasallounos cunha charla educativa emocionante sobre o Entroido de Xinzo e o traxe típico da zona: as Pantallas.
Alí a encontramos vestida con todo luxo de detalle e cos olliños expertos e expresivos dunha persoa que VIVE no máis interno da súa alma esta tradicional festa.
Mantívonos a todes coa máxima atención escoitando as súas verbas relaxadas, visionando os videos seleccionados con coidado e ensinándonos as pezas do traxe que con tanto agarimo protexe e coida. Permitiunos probarnos a pantalla que tanto nos gustou.
Houbo moita expectación, sorrisos e por suposto, preguntas do alumnado para indagar en todos os aspectos que artellan o GRAN ENTROIDO DE XINZO.
Grazas mestra Laura por compartir con nós unha parte da túa vida! Aprendemos un montón! De seguro, que algún día visitaremos o teu pobo para gozar coma ti o fas.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.