lunes, 9 de febrero de 2026

Día da Paz

 Este ano  conmemoramos o día da paz dun xeito diferente, ainda que non puidemos realizar a nosa carreira solidaria, debido as inclemencias meteorolóxicas, todas as crianzas levaron unha super medalla por ser bos compañeiros, respectar e axudar sempre, mantendo un clima de coidados e agarimos no noso centro!

Por outra banda puxemos o foco de atención no conflito coa nosa nai terra, moi centrado nos incendios que sucederon este pasado verán na nosa contorna, polo que traballamos a conciencia sobre o respecto pola natureza, polos animaliños e por todas aquelas persoas que este ano perderon parte da súa vida…

Asi plantamos unha pequena semente de paz por cursos que irán crecendo ao longo destes vindeiros anos!

Tamén fixemos un minuto de silencio para amosar a nosa repulsa por esa situación!

Como todos os anos fixemos tamén a tradicional solta de pombas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

VENRES DE ENTROIDO

 E hoxe festa!!!!! Se este tempo chuvioso nos permite, baixaremos moi orgullosxs a ensinar as nosas creacións por todo o pobo... Xa sabedes ...