viernes, 13 de febrero de 2026

Comadres e compadres

 Este ano as inclemencias meteorolóxicas non nos permitiron realizar as carreiras dos noso compadres e comadres coma todos os anos, pero ainda asi, este xoves, que saiu un raíño de sol, ala fomos!

O alumnado de quinto e sexto realizou as súas creacións no centro de día en dúas xornadas preciosas de conviencia interxeracional, que ben o pasamos, que bonito é compartir e xuntar as crianzas cos nosos maiores tan sabios e con tantas ganiñas de desfrutar e encherse de enerxía!

Grazas unha vez máis ao Centro de día e a todas as persoas que fan posible estas xuntanzas!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Benvid@s a un novo curso de lecturas e aventuras na nosa biblio!

Arrancamos unha nova andaina na nosa biblio favorita, chea de recunchos, de libros e aventuras, robots, a nosa radio e o noso croma, legos, ...