viernes, 13 de febrero de 2026

Entroido 2026

 Este ano seguindo o noso PDI de "deseñar e crear todo é comezar", cada clase elexeiu un cadro, observámolo, estudiamos a súa historia e o seu creador ou cradora, logo pintámolo e por último....lucímolo!!

A climatoloxía no nos deixou facer o tradicional desfiles á praza pero...adaptámonos as circunstancias e gozamos dun percorrido máis pequeno polo cole, no que convidamos ás familias, que trouxeron sobremesas de Entroido e xuntos degustamos unha saborosa chocolatada!

Moitas grazas por vir e polas vosas aportacións!

Viva o Entroido!!!!!





Comadres e compadres

 Este ano as inclemencias meteorolóxicas non nos permitiron realizar as carreiras dos noso compadres e comadres coma todos os anos, pero ainda asi, este xoves, que saiu un raíño de sol, ala fomos!

O alumnado de quinto e sexto realizou as súas creacións no centro de día en dúas xornadas preciosas de conviencia interxeracional, que ben o pasamos, que bonito é compartir e xuntar as crianzas cos nosos maiores tan sabios e con tantas ganiñas de desfrutar e encherse de enerxía!

Grazas unha vez máis ao Centro de día e a todas as persoas que fan posible estas xuntanzas!




jueves, 12 de febrero de 2026

VENRES DE ENTROIDO

 E hoxe festa!!!!!

Se este tempo chuvioso nos permite, baixaremos moi orgullosxs a ensinar as nosas creacións por todo o pobo...

Xa sabedes o dito, nunca choveu que non escampara!!!!



lunes, 9 de febrero de 2026

Día da Paz

 Este ano  conmemoramos o día da paz dun xeito diferente, ainda que non puidemos realizar a nosa carreira solidaria, debido as inclemencias meteorolóxicas, todas as crianzas levaron unha super medalla por ser bos compañeiros, respectar e axudar sempre, mantendo un clima de coidados e agarimos no noso centro!

Por outra banda puxemos o foco de atención no conflito coa nosa nai terra, moi centrado nos incendios que sucederon este pasado verán na nosa contorna, polo que traballamos a conciencia sobre o respecto pola natureza, polos animaliños e por todas aquelas persoas que este ano perderon parte da súa vida…

Asi plantamos unha pequena semente de paz por cursos que irán crecendo ao longo destes vindeiros anos!

Tamén fixemos un minuto de silencio para amosar a nosa repulsa por esa situación!

Como todos os anos fixemos tamén a tradicional solta de pombas!


Mandadiños de Lerín PARA MARTES

 E hoxe toca....








viernes, 6 de febrero de 2026

Mandadiños de Lerín PARA LUNS

 CHEGOU O ENTROIDO!!!!!!

Ala anda o noso Lerín facendo das súas! Aei que escoitai ben a ver que nos manda traer cada día, este pillabán...

AH! Lembrai que é acumulativo, asi que o do día anterior vaise sumando!

Moitas grazas familias, pola paciencia e a participación!


E este foi o resultado!!! Moitas grazas familias!!














3 cumios!

  Hoxe tivemos unha visita moi especial no cole, Tomás e Manuel achegáronnos o mundo do alpinismo e compartiron con nós unha experiencia mar...