Como xa anunciamos por aquel 30 de xaneiro, día no conmemoramos a Paz, dende o centro recolleuse unha chea de comida non perecedera na nosa carreira solidaria, que despois lle foi entragada aos Servizos Sociais de Ferreira de Pantón.
Sempre optamos por unha axuda de proximidade, na que as crianzas vexan de primeira man que compartir e ser persoas solidarias axudan a facer do mundo un lugar máis bonito!
Esta semana tivemos a visita de María e Xaquín, que se achegaron ao cole a explicarlle ó noso alumnado que é iso dos Servizos Sociais, que fan, como se organizan etc…
Padamos un rato precioso, aprendendo e sentindonos moi felices por ter contribuído un chisquiño con aquelas persoas que poidan estar a pasar unha situación complicada…
Ata nos preparaon un xogo moi interesante, moitas grazas a todas as familias polas vosas contribucións e a María e Xaquín por explicarnos tan ben esa labor encomiable que se adican.
Pronto vos deixaremos tamén unha entrevista que o alumnado de quinto e sexto lles fixo para Radio Baliño!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.