lunes, 28 de abril de 2025

AGASALLOS CON AMOR POLA PARTICIPACIÓN NOS CONCURSOS DA PAZ

Dende a nosa Biblioteca, Lerín propuxo a alumnado e familias,  uns concursos de debuxo ("A paz debúxase así...") e arte creativa (símbolos da Paz) nos que houbo afluencia de participación con deseños xeniais que se espuxeron na nosa Biblio e que posteriormente, pasaron a valoración das miradas máis críticas, o noso xurado (todo o alumnado do Baliño)

De aí saíron os "gañadores" das diferentes categorías.

1. Leo e Aarón (Infantil e 1º)

2. Ian (2º primaria)

3. Any (3º primaria)

4. Jimena (6º primaria)


Pola participación e o esforzo, todos recibiron un agasallo en forma de chaveiro de corazón coa palabra PAZ elaborado coa nosa cortadora láser (recurso de POLOS CREATIVOS)

Grazas  a alumnado e familias por participar e colaborar!! Animásvosvos a seguir facéndoo.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Recomendacións lectoras

 Queridas familias: Aqui estamos rematando o curso 2024-2025, sen apenas darnos conta de que xa pasou un ano! Dende Bibliobaliño queremos re...