lunes, 28 de abril de 2025

AGASALLOS CON AMOR POLA PARTICIPACIÓN NOS CONCURSOS DA PAZ

Dende a nosa Biblioteca, Lerín propuxo a alumnado e familias,  uns concursos de debuxo ("A paz debúxase así...") e arte creativa (símbolos da Paz) nos que houbo afluencia de participación con deseños xeniais que se espuxeron na nosa Biblio e que posteriormente, pasaron a valoración das miradas máis críticas, o noso xurado (todo o alumnado do Baliño)

De aí saíron os "gañadores" das diferentes categorías.

1. Leo e Aarón (Infantil e 1º)

2. Ian (2º primaria)

3. Any (3º primaria)

4. Jimena (6º primaria)


Pola participación e o esforzo, todos recibiron un agasallo en forma de chaveiro de corazón coa palabra PAZ elaborado coa nosa cortadora láser (recurso de POLOS CREATIVOS)

Grazas  a alumnado e familias por participar e colaborar!! Animásvosvos a seguir facéndoo.







domingo, 27 de abril de 2025

Día do libro!

 Durante esta pasada semana tivemos diferentes iniciativas relacionadas co 23 de Abril, Día do libro.

Unha delas é as “Lecturas compartidas” que todos os anos levamos a cabo, nas que durante unha media hora, o alumnado agrupados por parellas ou tríos, preparan un conto para compartir!

Aqui vos deixamos unha mostra deses momentos tan especiais nos que somos felices lendo e escoitando!!!



sábado, 26 de abril de 2025

Stop Bullying!



 Esta semana o alumnado de quinto e sexto asistía a unha conferencia increible sobre o acoso escolar.

O ponente, Iñaki Zubizarreta, ex xogador se balonceste de élite, contaba abertamente a súa propia experiencia neste eido, ninguén quedou indiferente…

Un duro relato e real que esperemos recale no alumnado que ali antentanmente e sen pestanexar foro testemuñas dunha infanci a e adolescencia terrible e que grazas a forza interior e a axuda dos que tiña cerca pudio superar.

Grazas a Aula aberta por convidarnos a esta charla chea de sabedoría, dureza e aprendizaxe, grazas tamén a Iñaki por ser tan valente e abrirse para narrar en primeira persoa uns feitos tan duros e difíciles que viviu.


viernes, 11 de abril de 2025

Día do libro 2025, Trocalibro!

 E volve o Trocalibro!!!!!

O vindeiro día 23 de Abril, á volta de vacacións, é o día do Libro, coma sempre dende o cole, faremos diferentes actividades e iniciativas...

Unha delas é o "trocalibro", no que cada alumno e alumna traerá ao centro un libro que xa non lea, que lle queira dar unha nova vida, e poderá cambialo por outro dos que traian os seus compañeiros e compañeiras.

Para isto precisamos da colaboración das familias, deste xeito deberán traer ao colexio un libro de lectura, antes do día 24 de Abril.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!

Un saúdiño e moi boas vacacións!


día do libro infantil e xuvenil de CEIP Monte



Un ano máis a actividade foi un éxito!!! Cada alumno e alumna puido elexir un exemplar novo para incrementar a súa biblioteca de casa!
Moitísimas grazas ás familias por participar sempre nestas iniciativas!









miércoles, 9 de abril de 2025

Revista Monte Baliño Marzo

 Dende que comenzou o curso, as alumnas de proxecto competencial se quinto e sexto elaboran unha revista mensual con todas as noticias que pasan no cole e na contorna.

Desta volta evitamos imprimir e gastar papel e tinta e deixámosvos o formato dixital!


El texto del párrafo de CEIP Monte Baliño

sábado, 5 de abril de 2025

Unha visita moi especial

 A nosas biblio ten a sorte de encherse de un montón de xente que nos visita e nos conta cousas moi interesantes….desta volta fomos moi afortunad@s, xa que mos visitou Sonia, unha matrona marabillosa que lles achegou as crianzas unha chea de curiosidades sobre os nenos e nenas, a adolescencia, o embarazo e parto, etc…

Estiveron moi atent@s e desfrutaron moitísimo desta actividade! Moitas grazas Soni por contarnos tantas cousiñas interesantísimas e con tanto xeito!








Baliño solidario!

 Como xa anunciamos por aquel 30 de xaneiro, día no conmemoramos a Paz, dende o centro recolleuse unha chea de comida non perecedera na nosa carreira solidaria, que despois lle foi entragada aos Servizos Sociais de Ferreira de Pantón.

Sempre optamos por unha axuda de proximidade, na que as crianzas vexan de primeira man que compartir e ser persoas solidarias axudan a facer do mundo un lugar máis bonito!

Esta semana tivemos a visita de María e Xaquín, que se achegaron ao cole a explicarlle ó noso alumnado que é iso dos Servizos Sociais, que fan, como se organizan etc…

Padamos un rato precioso, aprendendo e sentímonos moi felices por ter contribuído un chisquiño con aquelas persoas que poidan estar a pasar unha situación complicada…

Ata nos preparaon un xogo moi interesante, moitas grazas a todas as familias polas vosas contribucións e a María e Xaquín por explicarnos tan ben esa labor encomiable a que se adican.

Pronto vos deixaremos tamén unha entrevista que o alumnado de quinto e sexto lles fixo para Radio Baliño!






Recomendacións lectoras

 Queridas familias: Aqui estamos rematando o curso 2024-2025, sen apenas darnos conta de que xa pasou un ano! Dende Bibliobaliño queremos re...