jueves, 27 de febrero de 2025

Xoves de COMADRES

 E o xoves 27 de febreiro festexamos no cole o noso divertido e esperado XOVES DE COMADRES.

Os rapaces de 4º|5º|6º visitaron o Centro de Día para desta volta crear os mecos das comadres. Pasaron unha xornada interxeracional entretida, colaborativa e chea de risas e creatividade. 

Moitas grazas aos usuarios, coidador@s e demais persoal do Centro de Día por nos facilitar á visita.

Velaí tedes o proceso de creación, o resultado e as carreiras.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

PAPEL RECICLADO E LETRAS GALEGAS

Dende a nosa BIBLIOTECA CREATIVA de Lerín e en coordinación co PROXECTO VOZ NATURA no que participamos, realizouse unha actividade en todo...