lunes, 3 de febrero de 2025

Día da Paz

 Como cada 30 de Xaneiro conmemoramos e lembramos que existen diferentes lugares no mundo, próximos e máis afastados, que non coñecen o significado desa palabra, pola situación tan dura que viven.

Dende o Monte Baliño traballamos no respecto polas diferenzas e aceptación de toda a comunidade, dende o amor por un mesmo e polos demais, dende a axuda mutua e cooperación, desbotando calquer tipo de actitude que este fóra de todas estas máximas de convivencia.

Hoxe máis que nunca queremos aportar o noso gran de area para reverter e erradicar situacións de violencia, desamparo, desfavorecmento cas que convivimos na actualidade, asi que durante esta semana fixemos moitas actividades en prol de estes obxectivos.

Dende a bilioteca propuxéronse diferentes concursos creativos, debuxando a paz para os máis cativ@s e creando un símbolo novo de paz para o alumnado máis maior. Son fantasía! En breve anunciaremos os máis votados.

Elaboramos unha medallas co símbolo da paz, ca impresora 3D, que despois o alumnado pintou e decorou, e serviron de trofeo para a nosa tradicional carreira da paz. Na que recollemos comida non perecedera para achegarlla posteriormente aos Servizos Sociais de Ferreira, axudando asi de modo local!

Fixemos a tradicional solta de pombas, grazas a un amigo que se adica a colombicultura, como xa é un clásico, o noso alumnado de sexto que está por último ano no centro, son os encargados de darlle a saída.

Tamén tivemos as nosas lecturas de paz durante o recreo, e durante toda a semana fixemos unha actividade chamada “Lecturas interruptus”, nas que cada mestre e mestra preparou unha lectura relacionada ca paz, en no momento que decidían, sen ningunha explicación nin aviso, entraban as clases a lela e marchaban, captando así a atención do noso alumnado que desfrutou moito ca proposta.

Finalemente elaboramos un símbolo da paz entre todas as persoas do centro, na que colgamos as nosas caras e mans, representando a nivel xestual os sentimentos e emocións que nos transmite a palabra PAZ, seguindo co traballo do noso PDI.

A nosa teacher preparou  o alumnado de terceiro e cuarto unhas mensaxes preciosas de PEACE que leron á todos o cole, wonderful!

Aqui queda unha escolma dunha semana pacífica e con moitas emocións bonitas!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día da Paz

 Como cada 30 de Xaneiro conmemoramos e lembramos que existen diferentes lugares no mundo, próximos e máis afastados, que non coñecen o sign...