jueves, 24 de octubre de 2024

Día das bibliotecas 2024!



 24 de Outubro, día especial sinalado na nosa biblio Baliño e en todas aquelas nas que o mundo se abre a millóns de fantasías e historias máis alá dos libros!!!

Durante esta semana e no día de hoxe realizáronse diversas actividades!

Entregamos os nosos habituais marcapáxinas, elaborados en conxunto co Colectivo Lemos Le! Este ano están protagonizados polos Brindos, de acervo culturar de Pobra do Brollón, enriquecendo así a nosa cultura popular!



Durante estes días lanzouse para casa un concurso de creación en familias, na que debían recrear o lugar favorita da nosa biblioteca…que marabillas chegaro ao cole, aqui tedes o resultado! Grazas a toda a comunidade por participar!

Durante a hora do recreo, Lerín, a nosa mascota, deixoulle unha pequena selección de contos relacionados co noso PDI “Un Monte de Emocións”, e un mural colectivo no que despois de ler podían debuxar ou escribir emocións e sensacións que o libro que escolleran lles fixo sentir!

Que ben o pasamos!

Un ano máis estamos felices de poder ter un recuncho tan cheo de vida  como é a nosa biblio, a cal dirixe todo o que pasa no Monte Baliño!









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día das bibliotecas 2024!

  24 de Outubro, día especial sinalado na nosa biblio Baliño e en todas aquelas nas que o mundo se abre a millóns de fantasías e historias m...