O profesorado do Baliño gusta de aprender para dar as máximas posibilidades e empregar o maior e máis diverso número de recursos para motivar e aumentar o interese do alumnado.
Nesta ocasión dentro do Plan de Formación do Profesorado co itinerario de Polos Creativos e enmarcado dentro da Biblioteca Creativa, formámonos no funcionamento e deseño dun recurso ben atractivo: a CORTADORA LÁSER.
A que empregamos foi de empréstito, pero estímase que para o curso que vén, mandarásenos dende a Consellería para lle poder dar os usos educativos e didácticos que a nosa creatividade ou a do alumnado nos marque.
Agradecer dende este espazo a Pablo Blanco Quiroga, profesor de tecnoloxía no IES Daviña Rei de Monforte, docente da formación recibida. Foi un pracer contar con el! Ademais de todo, tivo a deferencia de agasallarnos uns xogos de damas deseñados por el usando a cortadora láser. Dereitiños que van a formar parte da dotación de xogos de mesa da Biblio de Lerín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.