sábado, 27 de abril de 2024

Día do libro 2024

 No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo.

Un día os máis pequenos e pequenas do cole achegáronse a escola infantil a contarlle un conto aos seus futuroa compis!

Despois tivemos unha lectura compartida durante a hora de ler, na que cada alumno e alumna repartidos en parellas e trios, lle contou un contiño a un compañeiro ou compañeira.

Durante a semana estivemos elaborando unhas frases relacionadas ca lectura, cos libros, etc…para decorar o noso cole!

Tivemos lecturas familiares, que tanto nos gustan, nas que os profes e familias se achegaron ao centro a contárlles unha historia ao noso alumnado!

E como colofón final o venres tivemos o noso trocalibros particular, no que cada alumno e alumna foi traendo libros que xa lera para cambiar por outros!

Aqui queda un resumo! Moitas grazas a todos por participar!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FestiBaliño

 Chega a noso FESTIBALIÑO polo día das letras galegas! Quedades todos convidados e convidadas para ver as nosas espectaculares actuacións, q...