Para conmemorar o 8 de marzo esta vez tivemos unha visita moi especial, Sela, Mara e Virginia, compoñentes de Tamborililás achegáronse ao noso cole para ensinarnos como se cambian as cousas a través da forza de equipo, da música, da enerxía e da loita activa na defensa do que se cre.
Como din “ reapropiámonos da música e da alegría como ferramentas de loita porque cremos no seu potencial de cambio, empregando materiais de refugallo para os nosos batukes na procura dun espazo que facilite a participación de todes de xeito horizontal”.
Tamborililás Compostela son unha colectiva transfeminista que traballan para xerar un espazo de coidados, onde compartir, dende o respecto e o acollemento das diversidades, como ben explican.
As crianzas e profesorado estivemos elaborando os batukes nos días previos con material de refugallo que facilitaron as familias.
Despois baixo as directrices e indicacións de Sela, Virginia e Mara, convertemos o noso centro nun espazo cheo de música reivindicativa e enerxía!
Moitas grazas polas vosas voces, ritmos e loita!💜🥁
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.