martes, 18 de octubre de 2022

CONCURSO DE SAMAÍN

Como todos os anos por estas épocas, chegan os nosos concursos de Samaín, como nos gusta esta celebración, ji ji ji!!!

Este ano, tendo como base o noso proxecto de centro, como é a cultura galega, lanzamosvos un reto!

Poñei na apózema un pouco de imaxinación, cunha pizca de historia galega, engadídelle uns cantos ollos de morcego, puñado de Santa Compaña, non esquezades tamén un chis de lobishome e por último, como toque final, unhas patiñas de Meiga!!!

Partindo do noso Samaín e dos seus personaxes, tedes ata o 26 de OUTUBRO, para traer ao cole a vosa personaxe mosntruosa,utilizando MATERIAL DE REFUGALLO, relacionada e creada dende as historias galegas de este día de mortos!!!


Póster Halloween Divertido Negro de CEIP Monte Baliño

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Recomendacións lectoras

 Queridas familias: Aqui estamos rematando o curso 2024-2025, sen apenas darnos conta de que xa pasou un ano! Dende Bibliobaliño queremos re...