viernes, 16 de abril de 2021

Día do libro📚

 O 23 de abril celebramos o Día Internacional do libro, trátase dun día simbólico para a literatura universal, xa que ese día en 1616 finaron uns dos escritores máis importantes do panorama mundial de todos os tempos: Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

Os libros son fonte de sabedoría, de fantasía, de mundos e personaxes máxicos, enigmas e misterios, criaturas fabulosas, historias sinxelas, e un longo etcétera que conforma cada unha das obras literarias que nos rodean.

No noso cole temos a sorte de contar cunha biblio chea de exemplares de moi diversas temáticas que podemos levar as casiñas e das que poder desfrutar.

Hoxe, o noso Lerín, que coida de todos eses libros a diario, propónnos unha actividade moi chula para conmemorar esta data tan importante.


Animaivos a participar!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Entrega de premios!

 O outro día entregamos os agasallos aos participantes dos nosos últimos concursos, do día das Bibliotecas e de Samaín! Aproveitamos a nosa ...