Bos días!
Hoxe poñemos a vosa disposición unha iniciativa que nos chega dende a Consellería.
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a iniciativa "Móvete connosco na casa".
Unha programación semanal relacionada coa actividade física e as técnicas de relaxación para axudar aos escolares de educación Primaria a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.

É fundamental que nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a sáude (Resistencia Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades motrices e coordinativas...
Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.
Aquí vos deixamos os vídeos para que practiquedes!
⛹🏻⛹🏻🤸🏻🤸🏻🤸🏻🤸🏻🤸🏻🤸🏻🦿🦿🦿🦿🦾🦾🦾🦾🏃🏻♀️🏃🏻♀️🏃🏻♀️🏃🏻♀️🏃🏻♂️🏃🏻♂️🏃🏻♂️🏃🏻♂️
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.