Pecha as portas o noso club de lectura por este ano!!!
Lerín agasallou ao noso alumando cunha sorpresa moi especial, par despedir este curso aue nos levou a través das letras a facer un percorrido cheo de novas historias!
Para o ano seguiremos descubrindo mundos xuntxs!!!
Despedimos o curso cheiñ@s de novas aventuras, nas que aprendemos, equivocámonos, rimos, creamos, debuxamos…e tamén deboramos libros!
Agora chega o verán, época de dispersión e calma, na que gozar cas amigas e familia e sobretodo desconectar e coller forzas para o seguinte aprendizaxe!
Aqui vos deixamos as nosas tradicióna recomendacións lectoras de verán, elaboradas de maneira conxunta co Colectivo Lemos Le!
Bo verán crianzas e familias, aqui vos agardaremos con moita ilusión e ganas para o seguinte curso!
As nosas compañeiras Celia, Aixa e Mavi elaboraron unhas fantásticas poesías con temáticas relacionadas coa natureza: a terra, o mar e o verán....as cales aproveitamos para facer un guiño ao noso medio ambiente no seu día: 5 de Xuño
Grazas rapazas pola vosa arte e por este agasallo versado!
Hoxe tivemos unha contacontos moi especial, co seu bo facer e co seu marabilloso contar estivemos unha hora gozando cos seus mundos cheos de maxia e fantasía! Volve pronto!
Este ano no Monte Baliño preparamos unha xuntanza con tas as crianzas e familias para celebrar o día da nosa cultura galega e o día da familia!
Tivemos de todo, o ambiente e participación foi inmellorable!
Estivemos elaborando o día anterior un pastel de plátano e unha limonada de Sandía, que logo ese mesmo día serviunos de merendola para todxs!
O cole estaba cheo de xogos populares espallados por diversas zonas, material do cole e materiais específicos prestados polo CFR de Lugo!
Mentras todas e todos xogaban os libremente, as familias ían pasando por titorías para pintar un super mural que xa tiñamos comezado. Quedou estupendo! Agora só nos quedan os últimos retoques!
Para rematar unha xornada tan especial e emotiva, tivemos un obradoiro interxeracional de danza tradicional a cargo de Artur Puga, que nos fixo bailar e xogar ao ritmo da música!
Durante os días previos todas as crianzas elaboraron uns bastidores bordados e pintados con motivos relacionados coas súas familias, os cales logo de rematar o día levaron ás súas casiñas!
Esta será a primeira de moitas Romarías, foi un éxito, queremos agradecer a todas as familias a súa colaboración e a ANPA a súa axuda e apoio!
Dende a nosa BIBLIOTECA CREATIVA de Lerín e en coordinación co PROXECTO VOZ NATURA no que participamos, realizouse unha actividade en todos os niveis adaptándonos ao grupo correspondente.
A proposta viña a colación da celebración das nosas LETRAS GALEGAS, adicadas este ano a Begoña Caamaño, e tendo en conta a súa obra Os fíos de Begoña realizamos uns atrapasoños que agora decoran os nosos pasillos e entrada.
Primeiro elaboramos papel reciclado, vaia experiencia observar como podemos transformar papel vello en papel novo para as nosas verbas. Despois, cada alumn@ na súa aula xunto cos titores e titoras, plasmaron en anacos de papel novo, debuxos, palabras galegas, anacos ou fragmentos de libros.
Quedounos unha actividade ben vistosa e ademais educativa.
Este mércores o alumnado de 4º 5º e 6º de primaria realizou un obradoiro de RADIO que resultou todo un éxito. Encántanos que as cousas saían ben.
Recibimos a Germán Díaz, para presenciar e formar parte dun obradoiro de instrumentos mecánicos. Que absoluta marabilla!
Esta actividade forma parte da formación a que temos dereito por participar na Radio na Escola na Biblio.
Dividiuno en dúas partes, unha máis teórica e outra práctica na que os nenos e nenas foron axentes activos da formación elaborando unhas melodías ás que puxeron os títulos que esta lles suxería: "O sol da mañá", "lonxe da casa"...
Pero o mellor que podemos facer é compartilo mediante unha reportaxe visual para que vexades que en realidade foi brutal.
Grazas Germán por "atrapar" o noso alumnado do Baliño