miércoles, 31 de enero de 2024

Club de lectura “Lerín lerán”

 A semsna pasada tivemos a nosa primeira reunión do clib de lectura, que experiencia tan xenial!

O alumnado que participa nesta iniciativa estivo moi implicado na conversa e posta en común deste primeiro libro “Xela volveuse vampira” de Fina Casadelrey, un descubrimento de obra que tratat a violencia de xénero dende os ollos dun cativo.

Quedamos con ganas de máis!

Agora estamos preparad@s para a seguinte aventura!



martes, 30 de enero de 2024

30 de Xaneiro

 No Monte Baliño coidamos a Paz e respectamos todos os os días do ano, pero hoxe conmemorámolo ainda máis!

Foi un día cheo de actos, escribimos en varios idiomas, debuxamos, intentamos buscar en lingua de sginos, pictos e braille conceptos relacionados coa paz e colocámolos na nosa Muralla da paz, facendo un guiño ao noso PDI deste curso sobre a provincia de Lugo.

Corremos en equipo, animando aos compañeiros e compañeiras, durante a nosa carreira solidaria, na que recollemos material escolar para aquelas persoas que máis o precisan.

Bailamos e cantamos tod@s xunt@s unha canción sobre a Paz titulada “One day”.

Despois realizamos a nosa tradicional solta de pombas!

Un ano máis sentímonos orgullos@s da familia que formamos e berramos moi alto, Non as guerras, Non a violencia e que por fín viviamos nun mundo de PAZ!



Día da PAZ e da NON Violencia!

O 30 de xaneiro berramos máis alto que nunca que a vida en comunidade e sociedade merece de respecto, de tolerancia, de amor mutuo e de NON violencia.

Dende fai anos realizamos este día, entre moitas outras actividades, unha carreira solidaria, na que se recollen materiais escolares e despois se fan chegar a unha asociación que axuda as persoas máis desfavorecidas na contorna do noso centro.

Moitas grazas a todas as familais por participar sempre en estas iniciativas!

Nenos, nenas, mestres e mestras... A Correr, a dar zancada moi grandes para chegar por fin a unha PAZ en todo o mundo!

 

Cartel carrera solidaria día mundial contra el cáncer foto sencillo blanco morado de CEIP Monte Baliño

sábado, 6 de enero de 2024

Festi-Baliño!

 Asi foi o noso último día de cole do 2023!

Fixemos de todo! Bailamos, actuamos, aplaudimos, comimos un menú especial, comemos os nosos “12 gusanitos”, abrimos os amigos invisibles e por último cantamos no Karaoke sopresa!

Aqui queda un pouquiño do ben que o pasamos!


lunes, 18 de diciembre de 2023

Recomendacións lectoras!

Estas datas de agasallos a moreas, é un bo momento para regalar un libro, unha aventura, un poema, unha comedia, un cómic, un mibro de receitas o un en lingua estranxeira, tamén unha novela ou un pouco de pedagoxía…quen sabe…para gustos, mil opcións!

Dende Biblio Baliño aproveitamos para desexarvos moito amor, saúde e ilusión!

Dende o Colectivo Lemos Lé, aqui queda unha recompilación de suxestións para esa cartiña de Nadal!!!


Celebremos un ano máis!

 Tempo de festa, de luces, de brillos, de ilusións e novos desexos, nós, a Familia do Monte Baliño celebramos cada ano unha super festa de inverno, este ano gustaríanos relocer máis ca nunca, brilar tanto que nos vexan en todo o firmamento asi que…aqui vai o reto, decoremos as nosas cabezas, as nosas caras, a nosa roupa, saquemos os brillis e as purpurinas e enchamos de o noso cole de estrelas, creando a constelación da que tod@s formamos parte indispensable!

Lembrai que ese día o alumnado ten actuación asi que as súas galas que sexan doadas de quitar e poñer, GRAZAS!


Póster Vertical Fiesta de fin de Año Moderno Lila de CEIP Monte Baliño

viernes, 15 de diciembre de 2023

IMPRESIÓN 3D: Chaveiros GATOS

A rapazada de 5º e 6º anda argallando diferentes ideas para recompilar cartiños para a súa excursión de fin de curso. 

Nesta ocasión, aproveitando a impresora 3D coa que contamos no centro e dentro da Biblioteca creativa e enmarcado tamén no proxecto de Polos Creativos, diseñaron e programaron a impresión duns fermosísimos chaveiros de gatos para vender a amizades e familiares durante as festas do Nadal.

Velaquí vos deixamos unhas fotiños destes 

simpáticos e funcionais chaveiros!

Se os vedes por aí, animádevos a mercar un!






Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...