sábado, 29 de octubre de 2022

A lenda do Gatipedro!

 Este ano para celebrar o día das Bibliotecas, organizamos unha super busca da apócema secreta que servirá para espantar ao gatipedro…

Seguindo co noso PDI, sobre a cultura galega, recuperamos a historia deste personaxe tan peculiar que forma parte da nosa mitoloxía.

O alumnado escoitou a historia wue guiaba toda a busca, e con axuda das lanternas máxicas e sabendo como se organizan os recursos da nosa biblio tiveron que buscar o cofre que contiña o remedio para espentar ao gatipedro.

Que ben o pasamos un ano máis!




Conto medo!

 Rematamos esta semana co último conto, “A miña amiga escuridade”, que Lai! Thigo, Jairo e Paulo, nos contaron con tanto xeito!

Estes rapaces e rapazas van para artistas! Grazas compis!



Madrugador@s creativ@s!

 O noso alumnado do plan madruga, traballa dende o primeiro minuto que chega ao cole, son uns artistas, e asi elaboraron unhas arañas xigantes durante estes días de Samaín, aqui vos deixamos o resultado, tamén lucidno os seus mellores disfraces!




jueves, 27 de octubre de 2022

Conto medo!


 Hoxe foi xenial, os rapaces de quinto xunto con un compañeiro de sexto, fixeronnos trepidar con este conto tan chulo sobre a rúa dos monstros, na que cada un ten unha cousa que ensinar e cada un conta unha historia!

Moitas grazas chicos, un pracer monstruoso!!!!

Conto medo!

O mércores deleitáronnos as chicas de quinto con este conto monstroso, que ben o fixeron e como nos gustou esta nova adquisición da biblio, "Un fantasma en la isla" de Blanca Millán e Paula Carballeira!

Moitas grazas chicas, que ben e que sorte de ter tan boas contadoras de historias!

martes, 25 de octubre de 2022

Conto medo!


 Seguimos coa nosa semana monstruosa, na que o alumnado de quinto e sexto nos deleite coas súas dotes de contacontos!👏👏👏

Hoxe foi o turno de Miriam e Vicky, que nos achegaron unha historia de medo e ledicia, protagonizada por Rufus de Tomy Ungerer, un morcego moi singular!!

Que ben o fan, moitas grazas chicas!!!



lunes, 24 de octubre de 2022

Conto medo!

 E hoxe comezou a nosa semana de Samaín, Manu e Adri foron os encargados de transportarnos a un mundo de medo a través do seu bo facer e da maneira tan especial que nos contaron este conto!

Os Esqueletos divertidos de Janet e Allan Alghberg foron a historia elexida para dar o pistoletazo de saída ao noso tempo terrorífico!

Que nos deparará mañá…

Grazas Amu e Adri porque o fixestes horripilantemente ben!!!!



Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...