viernes, 30 de septiembre de 2022

Comezamos!

 A nosa biblio, despois dun marabilloso verán chega máis renovada que nunca… obras, pintura, madeira…e maxia!

Temos un lugar fabuloso de xogos, lectura, electrónica, soños, creatividade…no que pasaremos un montón de tempo durante este curso, invitámosvos a coñecela, queredes vir?

Pois os biblioaxudantes de quinto e sexto, xunto con algunha colaboración especial, deixáronnos este vídeo para abrir boca, atendei ben!

Esperámosvos!!!👏🏻👏🏻👏🏻🌈🥁🥁🥁📚📚📚




sábado, 10 de septiembre de 2022

Benvid@s ao curso 2022-2023!

 Aqui estamos de novo, despois dun verán cheo de sol, diversión, risas e pilas cargadas para este curso tan especial, o primeiro despois dun par de anos complicados, que gusto dar ver os vosos sorrisos!

Este ano surcaremos os montes e mares da nosa Galicia, a través das súas verbas e sons, xunto coas letras e gastronomía, pasando polas meigas e as tradicións e coñecendo un pouco máis esta nosa terra galega.

Asi atoparon os nosos cativos e cativas o cole á súa chegada!



Agora poñemos a maquinaria a funcionar e a desfrutar deste paseo polo descubremento do nosos entorno!

ARRANCAMOS!

miércoles, 29 de junio de 2022

Biblio Baliño pecha as súas portas!

 Non podiamos irnos sen a despedida do noso Lerín, aque agora a final de curso ensina de novo o seu sorriso, e con dúas das próximas biblioaxudantes, deséxanos unhas boas vacacións!

E lembrai: Non deixedes para mañá o que poidades ler hoxe!



Fin de curso!

 O Monte Baliño pecha as súas portas ata o seguinte curso, pero antes fixemos un montón de cousas para despedilo, fomos ao cine, como colofón final do noso PDI, e o último día pasámolo xenial grazas as actividades programadas pola ANPA, hinchables, mago e xeados, mmmmm!

Ah, e grazas a nosa cociñeira e encargada de comedor, por unha comida pic-nic tipo buffet libre, que fixo que o pasaramos en grande coa tripa chea!

Ata o ano familias e cativada, desexando voltar a vervos pero antes….A GOZAR!



lunes, 20 de junio de 2022

Recomendacións lectoras📚

Chega o verán, remata un ano complicado de novo, cheo de retos de todo tipo, agora toca descansar e desconectar, divertirse e gozar dunhas boas vacacións máis que merecidas!
Aqui, xunto co colectivo Lemos Le, vos deixamos unhas recomendacións lectoras, porque esta época estivel tamèn se prèsta para seguir desfrutando dun bo libro!

viernes, 17 de junio de 2022

BATIDO DE ESCORNABOT

A rapazada de 1º e 2º de primaria preparou un delicioso batido de amorodos, piña e plátano 🍓🍌🍍 para refrescarse tras as altas temperaturas desta semana.

Saíulles riquísimo!!

Tras a elaboración, propúxoselles un reto robótico...Bluebot pretendía que nenos e nenas lle desen instruccións e o programasen para ir recompilando polo taboleiro os ingredientes e os pasos de elaboración do citado batido.Tiveron que pór en marcha todas as súas dotes lectoras e finalmente alcanzaron o obxectivo con éxito. 

Aprender xogando é moito máis divertido!!  





miércoles, 15 de junio de 2022

Mochilas viaxeiras 🎒🌈

 E asi remata un curso cheo de viaxes literarios as casiñas do noso alumnado…


Pero antes de despedirnos, a nosa última achega, con un montón de bos desexos da nosa compañeira Mencía!
Moitas grazas familia! Felices vacacións para tí tamèn e para todxs!




Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...