jueves, 1 de julio de 2021

Fin de curso

Hoxe pechamos un curso 2020-2021 marcado polos cambios, os tapabocas, os xeles hidroalcohólicos e os nosos pasillos cheos de frechas…

Curso no que os nosos pequenos e pequenas demostraron unha vez máis o grandes que son, a paciencia e bo facer que tiveron, grazas a el@s, as familias, mestr@s e a toda a comunidade educativa do Ceip Monte Baliño, comezamos o curso cos nosos sorrisos agochados baixo os tapabocas, e rematámolo igual, pero co corazón cheo de lembranzas e orgullos@s de ter chegado ata o final!

Agora toca respirar fondo, gozar, ler, rir, nadar, bailar e cargar pilas para o vindeiro curso, no que seguiremos demostrando que os verdadeiros heroes e heroínas non levan capa se non,  mochilas!

Boas vacacións!🌈🌈🌈🌟⭐️🌞🥰🌼



martes, 22 de junio de 2021

Graduación sexto🎓🎓🎓🎓


 Este venres o noso alumnado de sexto recibiu o aplauso e o agarimo de toda a comunidade educativa do Monte Baliño.

Entre recordos e emocións os nosos chicos e chicas marchan para secundaria, cheos de experiencias e con moitas ilusións sobre as que están por vir!

Boa sorte pequen@s, agora toca VOAR!!💜


Anxo Moure

 Nestes últimos días de cole, recibimos unha visita moi especial, na que os máis cativ@s do cole desfrutaron moito, con unha xornada de contos e risas!

Grazas Anxo Moure polas túas historias!⭐️🌈🌞



Recomendacións lectoras!📚📚🌞

 Coma todos os veráns, o noso amigo Lerín mándanos unha serie de recomendacións lectoras, para que non esquezamos que unha das mellores viaxes è un bo libro!


Azul Colorido 3D Monstruos Valores de Estudio Presentación Educativa de Moyla Pekena

martes, 15 de junio de 2021

Mochilas viaxeiras🌈🎒

 Daniela de quinto, fainos chegar a súa reflexión sobre os libros da mochila viaxeira, que tamén visita as casiñas dos máis maiores do cole!

Grazas familia!🌈🎒⭐️



Mochilas viaxeiras🎒🌈

 E imos rematando o curso, pero os nosos lectores e lectoras non deixan de enviarnos as súas impresións sobre as mochilas viaxeiras.

Hoxe é o turno de Jesus de infantil, moitas grazas familia!🌈🎒⭐️



jueves, 10 de junio de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 A piques de rematar o curso, este curos tan complicado e con tantos retos, seguen chegándonos documentos sobre as nosas mochilas viaxeiras!

Esta fin de semana chegou de sorpresa e por partida doble a casa de Xavi e Apulo, cada quen coa súa, cóntannos que libros había dentro!

Moitas grazas familia!🌈🎒⭐️




Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...