miércoles, 28 de abril de 2021

Incluteca!!!


 Hoxe Lerín está moi contento, recibiu un pedido moi especial, un montón de contos populares, que é o noso PDI de este curso, pero adaptados con pictogramas,da Editorial GEU, con tarxetas e material manipulativo para traballalos!!!

Estamos desexando fedellar con eles!!! E imso ampliando así a nosa “Incluteca”!!!

lunes, 26 de abril de 2021

Almorzo de primavera🌈💐🌷🌹🌺🌸🌼🌻

Este ano comezamos a nosa inmersión no mundo dos escornabots. Os peques e as peques do noso cole, aprenden moi rápido e dun xeito divertido grazas a eses novos compañeiros, creados polo alumnado de cuarto e sexto, como se pode traballar e memorizar xogando cos bots.

Desta vez a profe Cris e a profe Ana, realizaron unha actividade moi orixinal. Co gallo do día do libro, o alumnado de infantil vainos a contar un conto, axudad@s polas instruccións do escornabot.

Unha magnífica historia sobre un gran almorzo de primavera!👏🏻👏🏻👏🏻🌺🌹🌷💐🌼






sábado, 24 de abril de 2021

Día do libro

 E asi remata unha semana chea de actividades relacionadas cos libros e cos contos, coa lectura, coa intriga de comezar un libro e a tristura de rematalo, non sen antes ter viaxado por el, dun lado a outro, dende a portada ata o lomo, pasando polos capítulos intermedios e por cada unha das súas ilustracións...

A seguir fabricando soños e historias fantásticas dende as páxinas dos nosos libros!📚






viernes, 23 de abril de 2021

E ti, por que les?🤔📖


 Hoxe 23 de Abril día do Libro, os nosos alumnos e alumnas de primeiro e segundo xunto ca profe Cris e ca profe Maite, fixeron este traballo tan fantástico onde nos contan que marabilloso é o mundo da literatura e a imaxinación e creatividade que despertan en nós os libros!!

Moitas grazas por este “anuncio” tan orixinal que nos invita a tod@s a reflexionar sobre a lectura e os elementos que nos moven a sumerxirnos nela!!!📖💫📚




miércoles, 21 de abril de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 A nosa compañeira Ana de segundo, envíanos un vídeo no que nos conta que o libriño que máis lle gustou, como non podía ser outro, o libro de receitas foi o seu favorita desta vez!

Grazas Ana e familia!⭐️🌈🎒



Biblio-Patio Baliño

 Hoxe os nosos libros sairon de paseo ós diferentes patios do noso cole, para disfrutar da lectura compartida, do aire libre e dos fantásticos mundos que nos achegan os libros!

Biblio Patio Baliño, foi un éxito!🌈⭐️📚




martes, 20 de abril de 2021

Ao aire, libro!📚

 Ao aire, libro, é unha actividade dirixada a fomentar a lectura e a escoita activa, durante os tempos de lecer.

Desta vez decantámonos pola poesía, de tal xeito que dentro dos seus grupos de convivencia establecéronse pequenos grupiños nos que se escoitaban poemas lidos pol@s compañeir@s.

Por outra banda, o alumnado de terceiro e cuarto, fixo unha lectura compartida ao aire libre!

“Ler danos un sitio ó que ir, cando nos temos que quedar onde estamos”.M.Cooley



Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...